Martes, 05 Xuño 2018 12:20

Convocatoria para concesión de axudas para deportistas individuais do Concello de Soutomaior

Convocatoria para concesión de axudas para deportistas individuais do Concello de Soutomaior

A Concellería de Deportes do Concello de Soutomaior, sendo consciente das dificultades dos deportistas de modalidades individuais para progresar na súa formación integral e para participar en distintas competicións, convoca as axudas para a promoción e difusión do deporte e para impulsar a práctica deportiva.

Establécense as bases reguladoras da concesión destas axudas, de conformidade co disposto na Lei 38/03, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/07, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As solicitudes presentaranse, no Rexistro Xeral do Concello ou ben a través dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico e procedemento administrativo común.

Cando os deportistas sexan menores de idade as axudas terán que ser solicitadas pola nais, pais ou o titores.

Data límite para a presentación de solicitudes: 1 mes, contado a partir do seguinte á publicación da convocatoria no BOPPO. (venres 1 de xuño 2018)

  • Cada deportista só poderá optar a unha única axuda, independentemente do número de modalidades deportivas que practique.
  • Os/as que participen en competicións deportivas oficiais tanto de carácter provincial, galego, estatal como internacional e manteñan na data de presentación de solicitudes a súa actividade competitiva oficial e federada.
  • Os/as aspirantes terán que cumprir os seguintes requisitos:
  • Estar empadroado no Concello de Soutomaior antes do 01-01-2018
  • Estar federado no período para o que se solicita a axuda e na data de  solicitude da mesma dentro da modalidade que practiquen.
  • Estar ao corrente nas obrigas tributarias coa Facenda estatal e autonómica, así como estaren ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.  
  • Os establecidos no artigo 13 da Lei xeral de subvencións e aplicables no presente caso.  
  • Non estar cumprindo sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.
  • As axudas reguladas nas presentes bases concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia
  • As bases para a concesión de axudas pódense consultar en www.soutomaior.com

 

 


Publicado en Deportes e Pavillón
Descargar adjuntos:

18-bases-axudas-deportistas-individuais.pdf (192 Descargas)


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Rocódromo e circuíto de bicicletas

12-02-2019 / Deportes e Pavillón

O Concello de Soutomaior comezou esta semana os traballos de mellora na área recreativa do Peirao de Arcade. Os primeiros traballos centraranse na creación dunha nova pista de bicicletas xunto ao parque infantil, que se ampliará para acoller a instalación do rocódromo. Ambas as actuacións serán financiadas exclusivamente con fondos municipais. A instalación do novo recinto para bicicletas incluirá a creación...