Venres, 07 Decembro 2018 11:00

Concerto de Nadal da Escola de Música

Concerto de Nadal da Escola de Música

Domingo 9 ás 12,30 h. – Multiusos de Arcade

O Multiusos de Arcade encherase este domingo de música cunha nova edición do tradicional concerto de nadal que ofrecen os alumnos da Escola de Música Municipal.

O concerto dará comezo ás doce e media do mediodía e a entrada é totalmente gratuíta.

Este domingo é unha das datas que os alumnos da escola municipal de música do Concello de Soutomaior teñen marcada no seu calendario desde hai meses.

Para eles supón, ademais dun paso adiante na súa formación musical tocando por primeira vez ante o público, unha ocasión perfecta para demostrar os coñecementos adquiridos durante estes meses ante os seus amigos e familiares

Ademais dos 30 alumnos da escola, tamén participarán os membros da banda xuvenil, co que sumarán un total de máis de 50 músicos de diferentes idades.

O repertorio estará composto principalmente por obras de iniciación musical alternando pezas clásicas con outras modernas que encherán de ritmo o auditorio.




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Reis Magos 2019

03-01-2019 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Sábado 5 de xaneiro  Ás 11.30 h, no Concello de Soutomaior, recepción dos Reis Meigos : Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos nenos e nenas que se acheguen ata a Casa do Concello para escoitar as súas peticións e obsequiaranlles con caramelos. Durante a mañá, na mesma Alameda Talo Río , haberá dúas carpas instaladas onde se realizarán talleres para l@ s...