Xoves, 18 Outubro 2018 09:50

O Concello de Soutomaior únese ao xeodestino “Ría de Vigo e Baixo Miño”

O Concello de Soutomaior únese ao xeodestino “Ría de Vigo e Baixo Miño”

O proxecto trata de aproveitar os recursos turísticos de todos os municipios para crear unha marca propia que atraia máis visitas. A firma do convenio con Turismo de Galicia realizouse onte en Baiona. O sur da Ría de Vigo e o Baixo Miño xa teñen a súa propia marca turística á altura da Ribeira Sacra ou a Costa da Morte. Soutomaior e os trece concellos que integran Grupo de Desenvolvemento Rural Galicia Suroeste uníronse esta mañá en Baiona para converterse no geodestinonúmero 15 de Galicia coa firma do convenio con Turismo de Galicia.

Os xeodestinos turísticos son espazos xeográficos que comparten recursos naturais, patrimoniais e culturais e conforman unha identidade diferenciada que establecen mecanismos de colaboración entre os municipios que os integran para impulsar o turismo de forma conxunta e eficiente. O obxectivo final do xeodestino é ofrecer unha imaxe de marca reconocible que permita diferenciarse no mercado turístico e que contribúa a poñer en valor os grandes reclamos dos municipios adheridos, moitos deles de especial relevancia como o Castelo de Soutomaior ou as vilas de Tui e Baiona.

Galicia contaba ata ante con catorce: Rías Altas, Costa da Morte, Terras de Santiago, A Mariña Lucense, Ancares-Courel, Ribeira Sacra, O Ribeiro, Terrasde Ourense e Allariz, Celanova-A Limia, Manzaneda- Trevinca, Deza-Tabeirós e Rías Baixas. O número quince da lista é Ría de Vigo e Baixo Miño, no que se inclúe Soutomaior, pola súa proximidade e relevancia turística, e os trece municipios que forman parte do Grupo de Desenvolvemento Rural ( GDR14) Galicia Suroeste: Redondela, Pazos de Borbén, Baiona, Nigrán, Gondomar, Oia, O Rosal, A Guarda, Tui, Tomiño, Porriño, Mos e Fornelos de Montes.




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Reis Magos 2019

03-01-2019 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Sábado 5 de xaneiro  Ás 11.30 h, no Concello de Soutomaior, recepción dos Reis Meigos : Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos nenos e nenas que se acheguen ata a Casa do Concello para escoitar as súas peticións e obsequiaranlles con caramelos. Durante a mañá, na mesma Alameda Talo Río , haberá dúas carpas instaladas onde se realizarán talleres para l@ s...