Luns, 09 Abril 2018 12:28

Día internacional do libro infantil e xuvenil

Día internacional do libro infantil e xuvenil

A Biblioteca Municipal do Concello de Soutomaior celebra este xoves o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co espectáculo teatral “Canta connosco”, do grupo Migallas. A representación contará coa asistencia de máis de 300 nenos de todos os centros educativos municipais e, como novidade este ano, os alumnos do colexio da localidade veciña de Pontesampaio.

A representación “Canta connosco” ten como obxectivo a animación á lectura por parte dos pequenos a través de pequenas cancións que contarán coa participación dos asistentes. Entre os temas das cancións están a aprendizaxe, a lectura como pracer, o xogo do teatro… Á celebración acudirán alumnos do Colexio Oliveira, o Santiago Apóstolo e a Escola de Educación Infantil de Romaríz. Este ano, como novidade, uniranse aos actos de celebración os pequenos da localidade veciña de Pontesampaio, que se desprazarán a Arcade para poder celebrar este día cos escolares do Concello de Soutomaior.

O día do Libro Infantil e Xuvenil celébrase todos os anos a primeiros de abril en conmemoración do nacemento de Hans Christian Andersen, autor de contos inesquecibles como “El patito feo” ou “El traje nuevo del emperador”.

Seguindo coa programación deste día internacional, a Biblioteca Municipal prepara a súa XI Semana do Libro que abarcará desde o 23 ao 27 de Abril coa seguinte programación:

  • Luns 23 ás 17,00 horas – Conta contos para bebés por Fátima Fernández “Contos Pop- up” para nenos de 0 a 3 anos
  • Martes 24 ás 11,00 horas – Obradoiro Creativo con Zentangle/E. Hillerud “Letra inicial adornada”
  • Mércores 25 ás 17,00 horas – Obradoiro creativo Alejandro da Sota “Arquitectura para nen@ s”
  • Xoves 26 ás 17,30 horas – Conta contos familiar con Pablo Sánchez “Mans”
  • Venres 27  ás 16,30,17,30 e 18,30 horas – Obradoiro creativo Atrapados con Alicia/ Ceo Aberto “Escape Rooms”

A información e as inscricións poderanse facer efectivas na Biblioteca Municipal.


Descargar adjuntos:

18-programacion-dia-internacional-libro-infantil.pdf (263 Descargas)
Visto 571 veces


Biblioteca M. Luis Seoane
Biblioteca Municipal - Arcade

Finalización das melloras na Biblioteca Municipal

24-05-2019 / Biblioteca Municipal Luis Seoane

A biblioteca municipal do Concello de  Soutomaior en Arcade  xa conta cun novo ascensor de acceso para persoas con mobilidade reducida. A mellora de accesibilidade, que tamén inclúe a instalación dunha nova aula informática. ,O novo elevador permite unha carga útil de 400 kgs e permitirá aos veciños con problemas de mobilidade facer uso de todos os servizos da biblioteca municipal. Para...