Martes, 27 Febreiro 2018 10:38

O paseo do elefante – Soledad Felloza

O paseo do elefante – Soledad Felloza

O paseo do elefante – Soledad Felloza

Xoves 1 de marzo ás 17,00 horas – Biblioteca Municipal

Conta contos para bebés (0 a 3 anos)

A actriz, contacontos, escritora e fotógrafa Soledad Felloza ofrece mañá xoves na Biblioteca Municipal unha sesión conta contos para bebés titulada 'O paseo do elefante'.

O paseo do elefante é un clásico en Xapón e un libro de referencia na literatura infantil asiática

 Hoxe é un día marabilloso.

 Por iso Elefante sae a dar un paseo. Atópase con Hipopótamo, con Crocodilo e ata con Tartaruga, e todos queren pasear con Elefante, pero subidos nas súas costas.

Elefante é moi forte, pero Hipopótamo, Crocodilo e Tartaruga son demasiado pesados e inevitablemente…

Inevitablemente, nada pode estragar un día marabilloso.




Biblioteca M. Luis Seoane
Biblioteca Municipal - Arcade

Finalización das melloras na Biblioteca Municipal

24-05-2019 / Biblioteca Municipal Luis Seoane

A biblioteca municipal do Concello de  Soutomaior en Arcade  xa conta cun novo ascensor de acceso para persoas con mobilidade reducida. A mellora de accesibilidade, que tamén inclúe a instalación dunha nova aula informática. ,O novo elevador permite unha carga útil de 400 kgs e permitirá aos veciños con problemas de mobilidade facer uso de todos os servizos da biblioteca municipal. Para...