Venres, 24 Mai 2019 11:12

Finalización das melloras na Biblioteca Municipal

Finalización das melloras na Biblioteca Municipal

A biblioteca municipal do Concello de  Soutomaior en Arcade  xa conta cun novo ascensor de acceso para persoas con mobilidade reducida. A mellora de accesibilidade, que tamén inclúe a instalación dunha nova aula informática.

,O novo elevador permite unha carga útil de 400 kgs e permitirá aos veciños con problemas de mobilidade facer uso de todos os servizos da biblioteca municipal.

Para completar a mellora de accesibilidade, reformouse a entrada da biblioteca eliminando os chanzos exteriores e substituíndoos por unha rampla antiescorregadiza.

Nova aula multimedia.

 A outra gran mellora planeada para esta reforma da biblioteca municipal, e que comezará nos próximos días, é a nova aula de informática que servirá para impartir cursos de novas tecnoloxías, alfabetización informática, apoio escolar e uso libre para navegar por internet e realizar todo tipo de tarefas informáticas.

Entre os equipos que se instalarán destaca unha pantalla táctil interactiva de 65” que servirá de lousa electrónica para os cursos que se impartirán nesta sala. Ademais, dotarase á sala de sete novos equipos informáticos, seis de sobremesa para cada un dos postos e un portátil para o control remoto da pantalla por parte do responsable de cada actividade. Cada equipo contará con auriculares, micrófono, kit inalámbrico de rato e teclado e monitor de parede articulado.

 Na próxima semana procederase á apertura da biblioteca para todos os usuarios unha vez finalizados os traballos de limpeza


Visto 402 veces


Biblioteca M. Luis Seoane
Biblioteca Municipal - Arcade

Finalización das melloras na Biblioteca Municipal

24-05-2019 / Biblioteca Municipal Luis Seoane

A biblioteca municipal do Concello de  Soutomaior en Arcade  xa conta cun novo ascensor de acceso para persoas con mobilidade reducida. A mellora de accesibilidade, que tamén inclúe a instalación dunha nova aula informática. ,O novo elevador permite unha carga útil de 400 kgs e permitirá aos veciños con problemas de mobilidade facer uso de todos os servizos da biblioteca municipal. Para...