Mércores, 11 Novembro 2015 12:28

Charla Trastornos da aprendizaxe

Charla Trastornos da aprendizaxe

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SOUTOMAIOR OFRECE UNHA CHARLA SOBRE OS TRASTORNOS DA APRENDIZAXE

O relatorio celebrarase no salón principal da biblioteca o martes 17 de novembro ás 18:00 horas.

A Biblioteca Municipal de Soutomaior organiza unha charla de total actualidade no ámbito da educación: "Os trastornos da aprendizaxe: cando o cerebro toma outro camiño".

A psicóloga Johana B. Argüeso, especialista en identificar, avaliar e intervir nos distintos problemas da aprendizaxe, desenvolvemento neurológico e método de ensino. Segundo indica a especialista, os humanos nacemos cun sistema nervioso central que necesita longos anos de maduración, ata conseguir alcanzar unha organización neurológica que nos permita enfrontarnos aos diversos desafíos da vida. As ferramentas neurológicas que se desenvolven durante esta primeira fase, necesitan dunha interacción coa contorna adecuada para lograr organizarse plenamente. Estas ferramentas son as que permiten aos nenos chegar á etapa da aprendizaxe escolar con máis garantías de éxito.

Durante a charla trataranse temas como as áreas cerebrais implicadas nos procesos de aprendizaxe, os tipos de dificultades que nos podemos atopar, que profesionais deben encargarse de resolvelos e exemplos prácticos para aprender a detectar cando pode existir un problema. Tamén se incluirá un apartado específico sobre a dislexia, o problema maioritario dentro dos trastornos da aprendizaxe.

Sobre a súa traxectoria Johana B. Argüeso é licenciada en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid e está especializada nas áreas Social e Educativa. Leva máis de 10 anos traballando con nenos que presentan problemas de aprendizaxe e nos últimos anos envorcou o seu coñecemento do cerebro nos trastornos educativos. Tamén é responsable da creación da comunidade virtual “A razón pola que salto” destinada a estender un mellor entendemento do Autismo.




Biblioteca M. Luis Seoane
Biblioteca Municipal - Arcade

Finalización das melloras na Biblioteca Municipal

24-05-2019 / Biblioteca Municipal Luis Seoane

A biblioteca municipal do Concello de  Soutomaior en Arcade  xa conta cun novo ascensor de acceso para persoas con mobilidade reducida. A mellora de accesibilidade, que tamén inclúe a instalación dunha nova aula informática. ,O novo elevador permite unha carga útil de 400 kgs e permitirá aos veciños con problemas de mobilidade facer uso de todos os servizos da biblioteca municipal. Para...