Martes, 23 Outubro 2018 09:51

Día da Biblioteca - Espectáculo musical

Día da Biblioteca - Espectáculo musical

Con motivo do Día da Biblioteca, mañá mércores 24 de outubro ás 18 h celebrarase na Biblioteca Municipal de Soutomaior en Arcade  un espectáculo musical para público infantil e familiar (maiores de 3 anos).

O espetáculo "Alegría" é froito dun libro disco de Sérgio Tannus, lanzado pola Editorial Galaxia , que conta a história dunha simpática eiruga que viaxa o mundo para saber o que fai ás persoas felices. No seu camiño vai atopando interesantes e divertidos personaxes que lle van ensinando que na verdade hai innumeras maneiras de sermos felices, cada un do seu xeito.

O ton do espectáculo é de optimismo e esperanza, abordando importantes conceptos como a amizade, a tolerancia coas diferenzas e a alegría de vivir, é claro.

 


Visto 520 veces


Biblioteca M. Luis Seoane
Biblioteca Municipal - Arcade

Xoves de conto -Soledad Felloza-Xeografía do imaxinario

11-09-2019 / Biblioteca Municipal Luis Seoane

Xoves 12 de setembro ás 17,30 h. – Biblioteca Municipal Dentro da programación “xoves de conto” está semana preséntase: "Xeografía do imaxinario: contos e lendas da mitoloxía galega", a cargo de Soledad Felloza, trátase da narración de mitos e lendas galegas: trasnos, mouras... “Galicia ten un mapa que ás veces non se ve: un mapa que necesita que o volvan a contar porque...