Mércores, 17 Outubro 2018 11:45

Biblioteca Municipal: Ascensor e Nova Aula Multimedia

Biblioteca Municipal: Ascensor e Nova Aula Multimedia

A biblioteca municipal de Soutomaior en Arcade contará cun novo ascensor que permitirá o acceso a persoas con mobilidade reducida. A mellora, que inclúe a instalación dunha nova aula informática, dará comezo nas próximas semanas e conta cun orzamento de 38.730 euros que serán financiados polo Grupo de Desenvolvemento Rural de Pontevedra. O novo elevador contará cunha carga útil de 400 kgs e permitirá aos usuarios con problemas de mobilidade facer uso de todos os servizos da biblioteca municipal.

Para completar a mellora de accesibilidade reformarase case por completo a entrada da biblioteca eliminando os dous chanzos exteriores e substituíndoos por unha rampla antiescorregadiza. Ademais, dado o reducido espazo do recibidor, substituiranse as portas actuais por un sistema automático de corredera que facilitará o acceso.

A mellora supón unha reforma case total da entrada da biblioteca xa que para instalar o ascensor teranse que reformar as escaleiras, que reducirán o seu ancho para dar cabida ao elevador; varias partes do sistema eléctrico, que se actualizarán para satisfacer as novas necesidades do local; e todos os elementos de seguridade, que se substituirán por

outros máis modernos e adaptados ao público infantil.

 

Nova aula multimedia

A outra gran mellora planeada para esta reforma da Biblioteca Municipal é a nova aula de informática que servirá para impartir cursos de novas tecnoloxías, alfabetización informática, apoio escolar e uso libre para navegar por internet e realizar todo tipo de tarefas informáticas.

Entre os utensilios que se instalarán destaca unha pantalla táctil interactiva de 65” que servirá de lousa electrónica para os cursos que se impartirán nesta sala.

 Ademais, dotarase á sala de sete novos equipos informáticos, seis de sobremesa para cada un dos postos e un portátil para o control remoto da pantalla por parte do responsable de cada actividade.

Cada equipo contará con auriculares, micrófono, kit inalámbrico de rato e teclado e monitor de parede articulado.

 




Biblioteca M. Luis Seoane
Biblioteca Municipal - Arcade

Finalización das melloras na Biblioteca Municipal

24-05-2019 / Biblioteca Municipal Luis Seoane

A biblioteca municipal do Concello de  Soutomaior en Arcade  xa conta cun novo ascensor de acceso para persoas con mobilidade reducida. A mellora de accesibilidade, que tamén inclúe a instalación dunha nova aula informática. ,O novo elevador permite unha carga útil de 400 kgs e permitirá aos veciños con problemas de mobilidade facer uso de todos os servizos da biblioteca municipal. Para...