Martes, 29 Mai 2018 09:35

Contacontos na Biblioteca

Contacontos na Biblioteca

Xoves 31 de maio ás 18,00 h. - Biblioteca Municipal - Charo Pita con "O cataventos e outras historias de Vilaxeada"

Sesión de contacontos baseada na adaptación oral de relatos e poemas de Mª Victoria Moreno e da propia narradora, mesturados con cancións. A sesión adecuarase á idade maioritaria dos oíntes, sempre que a devandita idade estea comprendida entre os 4 e os 11 anos. Utilizarase os contos de O cataventos e A brétema como eixe da sesións para, a partir deles, ir introducindo outras historias, xogos e cancións.

En Vilaxeada hai unha velliña, un curral sen galo, un cataventos… As pitas do curral, que coñecen ben o que acontece, reúnense de cando en vez para contar as historias da aldea: como apareceu o cataventos da igrexa, como quedou o curral sen galo e que lle pasou a outros personaxes e animais que por alí vivían. Contacontos baseado en relatos de Mª Victoria Moreno .

 




Biblioteca M. Luis Seoane
Biblioteca Municipal - Arcade

Finalización das melloras na Biblioteca Municipal

24-05-2019 / Biblioteca Municipal Luis Seoane

A biblioteca municipal do Concello de  Soutomaior en Arcade  xa conta cun novo ascensor de acceso para persoas con mobilidade reducida. A mellora de accesibilidade, que tamén inclúe a instalación dunha nova aula informática. ,O novo elevador permite unha carga útil de 400 kgs e permitirá aos veciños con problemas de mobilidade facer uso de todos os servizos da biblioteca municipal. Para...