Martes, 14 Novembro 2017 09:48

Convenio con ASPAVI

Redondela, Soutomaior e Pazos de Borbén únense ao proxecto “Vilas,Pobos e Cidades para todos”

Os tres concellos da comarca uníronse para promover de forma conxunta a accesibilidade das persoas con diversidade funcional. Grazas ao convenio que os tres alcaldes asinaron hoxe coa Asociación ASPAVI, durante o próximo ano, técnicos especializados percorrerán e analizarán as distintas dependencias municipais dos concellos adscritos propoñendo melloras de accesibilidade física e cognitiva para a súa posterior implantación.

Mapas en braille das oficinas de cada concello, mostradores máis baixos para facilitar a atención de persoas con mobilidade reducida ou señalética adaptada a persoas con problemas cognitivos son algunhas das propostas iniciais desta iniciativa que xa se está levando a cabo con éxito noutros municipios da provincia.

O proxecto finalizará o segundo trimestre de 2018 coa redacción dun informe no que se avaliará a accesibilidade dos edificios municipais estudados e propoñerase unha lista de melloras concretas para cada edificio para a súa posterior implantación.


Publicado en Alcaldía


Alcaldía
Casa do Concello

A concurso a cafetería do novo instituto

24-07-2018 / Alcaldía

O Concello de Soutomaior faise eco da publicación para fomentar o acceso ao proceso por parte dos veciños  A Xunta de Galicia acaba de sacar a concurso a concesión da cafetería do novo instituto público de Soutomaior, que entrará en servizo o próximo mes de setembro. O anuncio aparece recollido na web municipal e conta cunha ligazón á publicación orixinal para...