Martes, 31 Outubro 2017 09:33

Afectados polos incendios sen teléfono

O Concello xestionou coa empresa de telefonía unha alternativa ata a reposición das liñas queimadas

Os 232 usuarios de Telefónica que seguen sen liña fixa no Concello  de Soutomaior xa poden solicitar unha solución personalizada a través do teléfono de atención ao cliente desta compañía, o 1004. A solución será de carácter temporal ata a restitución das liñas danadas durante os incendios, que suman un total de 85km na provincia de Pontevedra, e que segundo fontes da propia compañía poderían demorarse ata o mes de decembro.

O Concello de Soutomaior dirixiuse a pasada semana á dirección da empresa para xestionar unha solución temporal para os 232 usuarios afectados no municipio. ?O servizo foise recuperando progresivamente e desde o día 23 xa se dispón de toda a cobertura móbil no municipio?, afirma no seu escrito de resposta ao concello a directora de Galicia de Telefónica, Marta Fernández, que engade que “o despregamento de cable en zonas de orografía especialmente complexa podería atrasar o restablecemento do servizo ata un mes”.

 

Do mesmo xeito, fontes da compañía aseguran poñerse en contacto coa maioría dos afectados, pero rogan ao resto que se poñan en contacto co seu centro de atención ao cliente, no 1004, “para solicitar unha solución personalizada e sen custo para o cliente”.


Publicado en Alcaldía


Alcaldía
Casa do Concello

A concurso a cafetería do novo instituto

24-07-2018 / Alcaldía

O Concello de Soutomaior faise eco da publicación para fomentar o acceso ao proceso por parte dos veciños  A Xunta de Galicia acaba de sacar a concurso a concesión da cafetería do novo instituto público de Soutomaior, que entrará en servizo o próximo mes de setembro. O anuncio aparece recollido na web municipal e conta cunha ligazón á publicación orixinal para...