Cándido Pazó “Contos que veñen e van”

18-10-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Sábado 20 de outubro ás 20,00 h . – Multiusos de Arcade O monologuista e humorista, porá en escea a obra “Contos que veñen e van”. Diversión, evocación, emoción, reflexión no máis vello e novo dos espectáculos: o de contar. Contos, comedia e outras lerias que van de boca en boca, que se escoitan aquí e se contan alá… Verdades que parecen...

O Concello de Soutomaior únese ao xeodestino “Ría de Vigo e Baixo Miño”

18-10-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

O proxecto trata de aproveitar os recursos turísticos de todos os municipios para crear unha marca propia que atraia máis visitas. A firma do convenio con Turismo de Galicia realizouse onte en Baiona. O sur da Ría de Vigo e o Baixo Miño xa teñen a súa propia marca turística á altura da Ribeira Sacra ou a Costa da Morte...

Biblioteca Municipal: Ascensor e Nova Aula Multimedia

17-10-2018 / Biblioteca Municipal Luis Seoane

A biblioteca municipal de Soutomaior en Arcade contará cun novo ascensor que permitirá o acceso a persoas con mobilidade reducida. A mellora, que inclúe a instalación dunha nova aula informática, dará comezo nas próximas semanas e conta cun orzamento de...

Samain 2018

09-10-2018 / Xuventude

 O programa municipal de celebración da festa do Samaín deste ano conta con novidades para fomentar a participación da xente nova nesta festa popular galega. O Samaín foi a orixe de todo. En gaélico, Samhain significa «fin do verán», pois...

Biblioteca - Clubs de lectura fácil

09-10-2018 / Club de Lectura

A Biblioteca Municipal pon en marcha dous novos clubs de “lectura fácil” para favorecer a inserción social. A iniciativa pretende servir como ferramenta de integración de novos cidadáns e persoas de fala estranxeira ou con dificultade lectora mediante textos sinxelos...

Programa de novos cursos e actividades

08-10-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca novos cursos e actividade para os meses de outubro novembro e decembro. Durante estes meses a Concellería de Xuventude ten programadas diferentes actividades: formativas, lúdicas e de participación xuvenil. Comezamos agora en outubro con cursos...

Mellora nos accesos de Arcade de Arriba

02-10-2018 / Vias e Obras

O Concello de Soutomaior comezou hai uns días os traballos de mellora nos accesos ao barrio de Arcade de Arriba. A actuación, que será financiada con fondos municipais procedentes do remanente do exercicio anterior, servirá para instalar máis de 3.400...

Emotiva II gala do deporte

02-10-2018 / Deportes e Pavillón

O Multiusos de Arcade acolleu o pasado venres a II Gala do Deporte do Concello de Soutomaior,. O obxectivo de homenaxear a clubs, deportistas que destacaron pola súa traxectoria deportiva cumpriuse con fartura.  Foron presentados os 4 novos clubs federados como os...

II Gala do Deporte

26-09-2018 / Deportes e Pavillón

O Multiusos de Arcade acollerá o vindeiro venres día 28 desde as 21.00 horas a II Gala do Deporte do Concello de Soutomaior, organizado co obxectivo de homenaxear a clubs, deportistas e veciños que destacaron pola súa traxectoria e colaboración...

Lanzadeiras de Emprego 2018

20-09-2018 / Emprego e Formación

Obxecto: Adestrar a un equipo de 20 persoas desempregadas para realizar unha nova procura de traballo, contando coa axuda dun/ha técnico. Duración: 5 meses, 4 días a semana en horario de 09,00 - 14,00 h. Inicio: 21 de novembro de 2018 Remate: 26...

Recibimento a Antonio Palmas e Brais Sánchez

19-09-2018 / Deportes e Pavillón

Antonio Palmas e Brais Sánchez foron recibidos no Concello de Soutomaior polo Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, pola súa traxectoria deportiva e sobre todo polos últimos logros en competicións de alto nivel do piragüismo. Este ano foron os vencedores do 47...

Resultados de clasificación da ARCADE JAM - Cultura urbana Concello de Soutomaior 2018

19-09-2018 / Xuventude

 Os resultados e clasificación das persoas que participaron na ARCADE JAM, campionato de BMX e SCOOTER, celebrada o sábado 15 de setembro no Peirao de Arcade,  organizada dentro do programa do festival de cultura urbana organizado polo Concello de Soutomaior...

Xoves, 28 Setembro 2017 16:06

Comenzo en outubro >>

Inicio das Actividades Creativas e Escolas Municipais Artísticas

O Concello de Soutomaior inicia  as actividades artísticas e creativas programadas para o curso 2017/2018 en outubro. Estas actividades van dirixidas fundamentalmente a público xuvenil pero tamén hai grupos para persoas adultas que estén interesadas en formarse nestes ámbitos:

 

BAILAS?
Actividade de baile e movemento

  • Destinatarios: maiores de 12 anos
  • Datas e horario:  martes de  20 a 21 h
  • Custe trimestre: 15 € empadroados/as; 30 € non empadroados/as.
  • Lugar: Local Baixo da Praza de Abastos, Arcade.
  • Forma de pago: realizarase entre o día 1 e 5 do primeiro mes de cada trimestre mediante ingreso bancario. Tamén se pode ingresar o importe total da actividade. Consultar números de conta do Concello na OMIX.
  • Prazas: 18/grupo. Comezamos en outubro
  • Lugar: Local Baixo da Praza de Abastos, Arcade.

 

BAILES LATINOS

  • Destinatarios: maiores de 12 anos
  • Datas e horario:  martes de  21 a 22 h
  • Custe trimestre: 15 € empadroados/as; 30 € non empadroados/as.
  • Lugar: Local Baixo da Praza de Abastos, Arcade.
  • Forma de pago: realizarase entre o día 1 e 5 do primeiro mes de cada trimestre mediante ingreso bancario. Tamén se pode ingresar o importe total da actividade. Consultar números de conta do Concello na OMIX.
  • Prazas: 18/grupo. Comezamos  en outubro
  • Lugar: Local Baixo da Praza de Abastos, Arcade.

 

DANZA DO VENTRE

  • Destinatarios: maiores de 14 anos
  • Datas e horario: xoves de 21 a 22 h
  • Custe: 15 € empadroados/as trimestre; 30 € non empadroados/as trimestre.
  • Lugar: Local Baixo da Praza de Abastos, Arcade.
  • Forma de pago: realizarase entre o día 1 e 5 do primeiro mes de cada trimestre mediante ingreso bancario.  Tamén se pode ingresar o importe total da actividade. Consultar números de conta do Concello na OMIX.
  • Prazas: 18/grupo. Comezamos o en outubro

 

SOUTONEWS
Magazine xuvenil en inglés

  • Obxectivos: adquirir competencias lingüísticas en inglés dun xeito práctico e divertido, usando vocabulario propio de contextos diarios para falar con maior fluídez e mellorar a pronunciación e a axilidade.
  • Contidos: é un programa de inmersión lingüística en inglés no que os/as participantes elaborarán o seu propio magazine xuvenil, encargándose de crear diferentes seccións: cultura, economía, deportes, sociedade, sucesos,… Guiados por unha profesora de  nivel nativo, idearán as novas, redactarán os contidos para logo coa axuda da televisión local, a finais de cada mes, gravar as seccións cos diálogos subtitulados en galego. Incorporaremos actividades didácticas que axudarán a desenvolver as habilidades en inglés así como a desenvolver a axilidade mental: competición de deletreo (spelling), obradoiro de cancións,etc.
  • Custe: 10 €/mes empadroados/as; 30 €/mes non empadroados/as.
  • Forma de pago: consultar na OMIX
  • Prazas: 12/grupo

Grupos

  • Grupo 1: de 12 a 15 anos: Venres de 16:00 a 17:30
  • Grupo 2: de 16 a 25 anos: Venres de 17:30 a 19:00

 

GUITARRA ESPAÑOLA

Composición propia de cancións partindo da guitarra, estructurando os acordes e os ritmos en función das partes do tema (intros ,estrofas, estribillos, pontes...etc). Elaboración de letras e melodías vocais que leven e sintonicen coa mensaxe/historia que queremos contar.

As persoas que escollan a opción de 2 h/ semana completarán o traballo con arranxos rítmicos e melódicos con outros instrumentos (percusión, batería, baixo, teclado, e instrumentos electrónicos, samplers, caixas de ritmos...) para ampliar o panorama sónico da canción. Introdución ós elementos básicos da gravación dixital, tarxetas de son, microfonía, técnicas.Gravación e produción das canción traballadas nas sesións.

  • Contidos: clases de guitarra española.
  • Destinatarios/as: a partir de 7 anos
  • Forma de pago: consultar na OMIX
  • Prazas: 10/grupo. Outubro a maio
  • Lugar: Multiusos, Arcade.

Grupos:

  • Grupo iniciación
  • Grupo intermedio
  • Grupo medio/avanzado

Custe 1h/semana: 

  • Empadroados-as menores de 35 anos 12 €/ mes e empadroados-as maiores de 35 anos 15€/ mes.
  • Non empadroados –as 30 €/ mes.

Custe 2 h/semana: (sempre que haxa grupo*)

  • Empadroados-as menores de 35 anos 24 €/ mes e empadroados-as maiores de 35 anos 30€/ mes.
  • Non empadroados –as 60 €/ mes.

 

ESCOLA DE DEBUXO E PINTURA

  • Contidos:  iniciación á creatividade e debuxo e pintura. Clases organizadas por itinerarios
  • Destinatarios/as: para participar non se esixe nivel previo nin formación básica, xa que damos a posibilidade de iniciarse desde a base ou de avanzar e experimentar.
  • Profesorado:  Concepción Peleteiro Pedraza e Fabián Piñeiro Portela.

Itinerario 1: ESPERTANDO A CREATIVIDADE

  • Idades: 4 a 7 anos
  • Horarios: venres de 16:00 A 17:00 h

Itinerario 2: INFANTIL debuxo e pintura

  • Idades: 8 a 11 anos
  • Horario:  venres de 17:00 a 18:30 h

Itinerario 3: XUVENIL debuxo e pintura

  • Idades: 12 a 18 anos
  • Horario: venres de 18:30 a 20:30 h

Itinerario 4: ADULTO  debuxo e pintura

  • Idades: a partir de 18 anos todas as idades
  • Horario: venres de 18:30 a 20:30 h


A actividade comeza en outubro e remata en maio. Ten preferencia o alumnado do curso anterior.

Custe EMPADROADOS/AS menores de  35 anos:

  • outubro/novembro 15 €    
  • decembro/xaneiro 15 €
  • febreiro/marzo 15 €    
  • abril/maio 15 €

Custe EMPADROADOS/AS maiores de  35 anos:

  • outubro/novembro 25 €    
  • decembro/xaneiro 25 €   
  • febreiro/marzo 25 €    
  • abril/maio 25 €

............................................

Custe NON EMPADROADOS/AS:

  • outubro/novembro 36 €   
  • decembro/xaneiro 36 €  
  • febreiro/marzo 36 €    
  • abril/maio 36 €  

 

  • Forma de pago: mediante ingreso bancario que se realizará entre o día 1 e 5 do primeiro  mes de cada bimestre. Tamén se pode ingresar o importe total da actividade. Consultar números de conta do Concello na OMIX.
  • Prazas: 12/grupo
  • Lugar: Multiusos, Arcade.

 

ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO

Grupos:

  • Grupo Infantil: 4 a 8 anos; sábados de 12:00 a 13:30 h.
  • Grupo Xuvenil 1: 9 a 12 anos; venres de 20:00 a 21:30 h
  • Grupo Xuvenil 2: 13 a 17 anos; venres de 21:30 a 23:00 h

 

  • Destinatarios/as: nenos/as e mozos/as de 4 a 17 anos
  • Pago: 12 €/bimestral empadroados/as; 24€ bimestral non empadroados/as. A actividade comeza en outubro e remata en xuño. Ten preferencia o alumnado do curso anterior.
  • Forma de pago: mediante ingreso bancario que se realizará entre o día 1 e 5 do primeiro  mes de cada bimestre. Tamén se pode ingresar o importe total da actividade. Consultar números de conta do Concello na OMIX.
  • Prazas: 20/grupo.

 

As prazas cubriranse por orde de inscrición tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. Máis información e inscricións na OMIX, Tel 986700822 , Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Xuventude

 

Novas actividades para a xuventude. Prazo aberto ata o 26 de setembro

Ven 07-Set-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior pon en marcha a programación xuvenil de novas actividades que se iniciarán no mes de outubro: teatro, circo, danza do ventre, bailes latinos, guitarra española, cociña, debuxo e pintura. etc.. Este ano a programación anual conta con dúas novas actividades: a de circo que será unha actividade enfocada a achegar á mocidade novas actividades de expresión e...

LEER MÁIS

Turismo Soutomaior, moito que ver... moito que sentir

Castelo de Soutomaior

El Castillo de Soutomaior está situado en un lugar verdaderamente privilegiado por el amplio...

Hits:10319

A Festa da Ostra

Uno de los más famosos escritores gallegos, Álvaro Cunqueiro, dijo: “La ostra es un...

Hits:18608

Certame da Camelia

O Castelo de Soutomaior, cunha superficie de 25 hectáreas, é considerado o máis importante...

Hits:16900


Os libros que te fan imaxigar

97 formas de decir "te quiero"

Cristóbal no sale de su asombro cuando Daniela, una joven desconocida, le revela que ambos murieron veinte años atrás con la promesa de reencarnarse. Pero más atónito queda aún cuando...

El planeta americano

A lo largo del siglo XX se han creado muchos mitos, pero hay uno, ahora que otros han muerto y el siglo declina, que se alza sobre los demás: Estados...

El símbolo perdido

¿Existe un secreto tan poderoso que, de salir a la luz, sea capaz de cambiar el mundo?  Washington. El experto en simbología Robert Langdon es convocado inesperadamente por Peter Solomon, masón...

Acio sanguento

Daniel Sieiro, un policía capaz de ver ata debaixo do alcatrán, e o seu axudante Maquieira deben averiguar quen é o autor do truculentos asasinato de Xulio Afonso, un profesor...