fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 08 Febreiro 2023 13:00

Organizamos un obradoiro de risoterapia para a 3ª Idade

Organizamos un obradoiro de risoterapia para a 3ª Idade

O Concello de Soutomaior pon en marcha o obradoiro de Risoterapia para persoas maiores de 65 anos que se vai a levar a cabo no edificio da terceira idade en Talo Rio desde o xoves 16 de febreiro ate o 25  de maio en horario de 17:00 ás 18:30h.

A risoterapia é un proceso terapéutico e de crecemento persoal a través da risa, o xogo e outras técnicas vivenciais que facilitan a iteración entre as persoas participantes e a conexión con cada unha de nos.

Ademais, esta actividade ten incontables beneficios para a saúde: movemos mais de 200 músculos, aumentamos os xugos biliares e gástricos, movemos o sistema circulatorio, baixa a ansiedade e o nivel de estrés, axuda a mellorar a capacidade respiratoria optimiza o noso sistema inmune...

Inscríbete no apartado de inscricións en liña, no CIM ou chamando ao 986 701 227.


Publicado en Terceira Idade
Visto 246 veces