Xoves, 05 Abril 2018 12:56

Trío Vindel

Trío Vindel – Sábado 7 de abril ás 20,00 horas – Multiusos de Arcade

(frauta, oboe e clarinete).

Fernando Raña Barreiro. Frauta.

Nace en Pontesampaio en 1970 e remata os seus estudos no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid coas máximas calificaciónsno ano 1988.

Posteriormente acada o Performers Diplomation da Guilhald School of Music and Drama de Londres. Estudou con Magdalena Martínez e recibiu clases maxistrais de Nicolas Brochot, Pierre Dumail, Kate Hill ou

Alain Marion.

Entre as suas colaboracións orquestrais cabe suliñar as realizadas coa Orquesta de Cámara del Festival Mozart, Orquesta Lírica Nacional, Orquesta Sinfónica de Galicia e Virtuosos de Moscú.

Ricardo Pazo García. Oboe.

Nace en Tui no ano 1972. Obtivo o Título de Profesor Superior de Oboe no Conservatorio Superior de Música de Vigo coa cualificación de Premio Extraordinario de Fin de Carreira.

Despois do seu paso polas Bandas de Tui e Municipal de Pontevedra intégrase como 1er Oboe da Orquestra dá Comunidade Autónoma de Galicia. Colaborou coas Orquestras Real Filharmonía de Galicia, Sinfónica de Galicia e Orquestra Sinfónica de Tenerife.

Asterio Leiva Piñeiro. Clarinete.

Inicia os seus estudos musicais co seu avó, Cortiñal de Baíña, para ingresar logo no CMUS Superior de Vigo onde obterá o Título de Profesor Superior de Música e o Premio Extraordinario Fin de Carreira na especialidade de clarinete.

Posteriormente, amplia a súa formación no Rotterdam Conservatorium e na ESMAE de Oporto cos mestres Walter Boekyens e António Saiote.

 

Programa

1ª parte

Aubade. Paul de Wailly.

Serenata alla madrigalesca. Sérgio Azevedo.

Suite a tres Op 16 bis Salvador Brotons.

2ª parte

Divertimento Op. 37. Malcolm Arnold.

Trio Romántico Op. 78. Leonardo de Lorenzo

Este concerto está organizado pola Asociación Musical Artística de Arcade e coa colaboración do Concello de Soutomaior




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Concerto Musical – Quinteto Artístico

04-09-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Multiusos de Arcade – Venres 7 de setembro ás 20,30 h. A música clásica ten o seu espazo dentro da programación cultural do Concello de Soutomaior. Cinco novos músicos :Raúl Viceiro,Nicolás Cabaleiro, Conny Lechner, Manuel Bastos e Raul, ofrecerannos unha serie de obras cos seus instrumentos preferidos: Fagot,Oboe,Frauta,Trompa e Clarinete. Este concerto é unha mostra máis da colaboración do Concello de...