Luns, 29 Xaneiro 2018 13:04

Novo disco da Coral Polifónica de Soutomaior

Novo disco da Coral Polifónica de Soutomaior

O Multiusos de Arcade encheuse este sábado pasado para acoller a estrea do novo disco da Coral Polifónicade Soutomaior. O álbum, que leva por título “ Sorrisode burbullas”, foi gravado durante o pasado concerto de fin de ano e destaca pola inclusión de diversas pezas modernas arranxadas para a súa interpretación por un grupo coral. O concerto de presentación contou ademais coa participación das corais de Entenzae Santa Eulalia de Mos.

A idea é afastarse un pouco do repertorio tradicional das corais e atraer á xente máis nova con cancións máis modernas”, explica o director da coral, Javier Comesaña, que engade que “son pezas dos anos 70, 80 e 90, de pop lixeiro moi agradable de escoitar. Son cancións que gustan aos mozos porque as coñecen e sorpréndelles que un grupo coral interpréteas”.

Un dos motivos que impulsaron a inclusión desta clase de temas no repertorio da formación é a idade media dos participantes, moi por baixo da habitual nesta clase de agrupacións. “Temos compoñentes que non chegan nin aos 30 anos”, indica o presidente, Carlos Pereira, que explica que isto se debe a que “somos un grupo aberto, máis amigos que compañeiros. Sempre estamos dispostos a acoller a quen lle guste cantar. Ese é o único requisito para entrar na coral. Non importan os gustos musicais nin a idade”.

A orixe da Coral polifónicade Soutomaior remóntase aos anos 70, cando a agrupación naceu como un coro parroquial. Hoxe en día conta con 20 membros procedentes, principalmente, do Concellode Soutomaior.




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Os fabulosos Cleaners e Os Rockensein no Multiusos

26-10-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Multiusos de Arcade Sábado 27 ás 20,00 horas “Os fabulosos Cleaners” Trátase dun espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Dous operarios de limpeza do teatro, descobren as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combiandas con auga e xabón. Emprenden entón unha excitante viaxe conducidos polas pompas e burbullas. Domingo 28 ás 18.00 h “Os Rockenstein”. Esta obra é unha...

Actividades Culturais

Programación de Nadal

Xov 15-Nov-2018 / Carteis

Visita a AXENDA MUNICIPAL    

LEER MÁIS

O Concello de Soutomaior únese ao xeodestino “Ría de Vigo e Baixo Miño”

Xov 18-Out-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

O proxecto trata de aproveitar os recursos turísticos de todos os municipios para crear unha marca propia que atraia máis visitas. A firma do convenio con Turismo de Galicia realizouse onte en Baiona. O sur da Ría de Vigo e o Baixo Miño xa teñen a súa propia marca turística á altura da Ribeira Sacra ou a Costa da Morte...

LEER MÁIS