Martes, 26 Decembro 2017 10:11

O Apalpador

Mércores 27 de decembro – O Apalpador - 

Debido ao mal tempo a vista do Apalpador trasládase da Alameda de Talo Río á Biblioteca Municipal. O horario será desde as 19,00 ás 20,00 horas

O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e nenos a noite de ano vello (ou a de nadal). Baixa das devesas do Courel, entra pola noite nos cuartos das nenas e nenos e moi silenciosamente lles apalpa as súas barriguiñas por ver se están mantidos. Se están cheas dilles: «Así, así esteas todo o ano» e déixalles unha presa de castañas. Senón cala, pero tamén lles deixa as castañas.

Anxo Moure e O Apalpador nun acto organizado polo Concello de Soutomaior e a Deputación Provincial




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Cándido Pazó “Contos que veñen e van”

18-10-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Sábado 20 de outubro ás 20,00 h . – Multiusos de Arcade O monologuista e humorista, porá en escea a obra “Contos que veñen e van”. Diversión, evocación, emoción, reflexión no máis vello e novo dos espectáculos: o de contar. Contos, comedia e outras lerias que van de boca en boca, que se escoitan aquí e se contan alá… Verdades que parecen...