Venres, 01 Decembro 2017 10:25

Concerto da Escola de Música

Concerto da Escola de Música

O Multiusos de Arcade encherase, este domingo a partir das 18,00 h, de música cunha nova edición do tradicional concerto de nadal que ofrecen os alumn@s da Escola de Música Municipal.

Este domingo é unha das datas que os alumn@s da escola municipal de música do Concello de Soutomaior teñen marcada no seu calendario desde hai meses. Para eles supón, ademais dun paso adiante na súa formación musical tocando por primeira vez ante o público, unha ocasión perfecta para demostrar os coñecementos adquiridos durante estes meses ante os seus amigos e familiares.

Ademais dos 30 alumn@s da escola, tamén participará un grupo folk e un coro infantil que interpretará diferentes panxoliñas, sumando un total de máis de 40 músicos de diferentes idades. O repertorio estará composto principalmente por obras de iniciación musical alternando pezas clásicas con outras modernas que encherán de ritmo o auditorio.




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Os fabulosos Cleaners e Os Rockensein no Multiusos

26-10-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Multiusos de Arcade Sábado 27 ás 20,00 horas “Os fabulosos Cleaners” Trátase dun espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Dous operarios de limpeza do teatro, descobren as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combiandas con auga e xabón. Emprenden entón unha excitante viaxe conducidos polas pompas e burbullas. Domingo 28 ás 18.00 h “Os Rockenstein”. Esta obra é unha...

Actividades Culturais

Programación de Nadal

Xov 15-Nov-2018 / Carteis

Visita a AXENDA MUNICIPAL    

LEER MÁIS

O Concello de Soutomaior únese ao xeodestino “Ría de Vigo e Baixo Miño”

Xov 18-Out-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

O proxecto trata de aproveitar os recursos turísticos de todos os municipios para crear unha marca propia que atraia máis visitas. A firma do convenio con Turismo de Galicia realizouse onte en Baiona. O sur da Ría de Vigo e o Baixo Miño xa teñen a súa propia marca turística á altura da Ribeira Sacra ou a Costa da Morte...

LEER MÁIS