Mércores, 15 Novembro 2017 12:46

Grupo de Teatro Fonte da Tella "A fermosa Dorotea"

O grupo de teatro Fonte da Tella pon en escena o vindeiro sábado día 18 ás 21,00 h. na Casa do Pobo do Val Sobral unha versión libre da obra “A fermosa Dorotea” de Miguel Mihura.

A máxima aspiración de Dorotea, filla dun cacique rural é contraer matrimonio. Con todo, todos os seus intentos frústranse polas habladurías dos veciños que se aprestan a acusar o pretendente de cortejar á moza só polo seu diñeiro. Nun último intento, Dorotea é abandonada no altar mesmo. A rapariga, desesperada pola súa situación, decidirá non volver quitar o seu vestido de noiva e comezar a deambular polo pobo, removendo a conciencia dos seus veciños.

Organiza a Asociación Cultural “Fonte da Tella” coa colaboración de A.VV. “8 de decembro” e co patrocinio do Concello de Soutomaior




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Cándido Pazó “Contos que veñen e van”

18-10-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Sábado 20 de outubro ás 20,00 h . – Multiusos de Arcade O monologuista e humorista, porá en escea a obra “Contos que veñen e van”. Diversión, evocación, emoción, reflexión no máis vello e novo dos espectáculos: o de contar. Contos, comedia e outras lerias que van de boca en boca, que se escoitan aquí e se contan alá… Verdades que parecen...