Mércores, 16 Agosto 2017 12:51

Cine ao aire libre

Cine ao aire libre

Alameda Talo Río Xoves 17 de agosto ás 22,00 horas

Maimiño e o espello máxico

Redecinema e un programa de verán que emprega o cine como ferramenta de dinamización lingüística, cos obxectivos de promover a creatividade con base en galego e aumentar a oferta de produtos de ocio e cultura na nosa lingua.

A película de animación galaico-cubana "Maimiño e ou espello máxico", estreada nos cinemas comerciais de toda España o 8 de maio de 2015, chega este xoves ou Concello de Soutomaior

Conta a historia dun pequeno labrador que quere sacar á súa familia da pobreza. Unha praga de insectos que destrúen a colleita do campo no que vive e o encontro co Espello Máxico da Media Laranxa son os sucesos que o levarán á aventura. O Espello revélalle quen é a muller dos seus soños e anímao a ir á cidade xunto aos seus irmáns, Pablo e Pedro.




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Os fabulosos Cleaners e Os Rockensein no Multiusos

26-10-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Multiusos de Arcade Sábado 27 ás 20,00 horas “Os fabulosos Cleaners” Trátase dun espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Dous operarios de limpeza do teatro, descobren as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combiandas con auga e xabón. Emprenden entón unha excitante viaxe conducidos polas pompas e burbullas. Domingo 28 ás 18.00 h “Os Rockenstein”. Esta obra é unha...

Actividades Culturais

Concurso fotografía e vídeo "que hai nesta botella"

Ven 26-Out-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

O GDR convoca un concurso de fotografía e vídeo sobre a IXP RIBEIRAS DO MORRAZO para elixir as mellores fotografías e vídeos que interpreten o lema da campaña da IXP “Que hai nesta botella O concurso consta de dúas categorías: FOTO e VÍDEO e por cada unha delas un xurado escollido pola propia IXP elixirá un gañador. As persoas que desexen participar...

LEER MÁIS

O Concello de Soutomaior únese ao xeodestino “Ría de Vigo e Baixo Miño”

Xov 18-Out-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

O proxecto trata de aproveitar os recursos turísticos de todos os municipios para crear unha marca propia que atraia máis visitas. A firma do convenio con Turismo de Galicia realizouse onte en Baiona. O sur da Ría de Vigo e o Baixo Miño xa teñen a súa propia marca turística á altura da Ribeira Sacra ou a Costa da Morte...

LEER MÁIS