Mércores, 22 Marzo 2017 13:12

O caso é ter sáude - Teatro para adultos

O caso é ter sáude - Teatro para adultos

Domingo 26 ás 19,00 horas - Multiusos de Arcade 

O Multiusos de Arcade  acollerá este domingo día 26 ás 19,00 horas a obra O caso é ter saúde, a última produción da compañía Malasombra. A peza teatral en clave de comedia está protagonizada por Jouse García, Xoque Carbajal, Patricia Rodríguez, Celia González e Carlos Mosquera e conta a historia dun home, Miki, que é abandoado pola súa parella tras vinte anos de relación o día da Lotaría de Nadal e minutos despois o seu décimo sae premiado co Gordo”. Deste xeito, o protagonista non sabe ben como sentirse pois está eufórico e deprimido a partes iguais. Paralelamente, comezan a aparecer persoaxes esituacións ridículas na súa vida para afondar na condición humana e na habitual ambición polos cartos. Malasombra producións é unha compañía creada en 2006 polo actor Xoque Carbajal que defende a comedia como mellor vehículo para comunicar co público




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Noite de San Xoan 2019

18-06-2019 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Peirao de Arcade - Domingo 23 de Xuño A noite de San Xoan é unha antiga festa de solsticio que se celebra na véspera do 24 de Xuño. A noite do 23 ao 24 é unha das máis curtas do ano e a xente reúnese ao redor dunha fogueira para festexar o comezo do verán e protexerse dos espíritos malignos. Como vén...