Mércores, 18 Mai 2016 10:58

Musical Infantil

Musical Infantil

A compañía Malasombra Produccións presenta en Soutomaior a obra Os Rockenstein.

A representación está programada para o sábado día 21, a partir das 20.00 horas, no Multiusos de Arcade.

A formación do polifacético actor estradense Xoque Carbajal preparou durante os ultimos meses este espectáculo musical infantil.

Os Rockenstein é un espectáculo para toda a familia cos actores Jouse García, Celia González, Sandra Iglesias e Xoque Carbajal baixo a dirección de Marcos Orsi. Narra a historia do doutor Rockenstein, un científico pero tamén melómano, consciente da desaparición da boa música. Por iso crea no seu laboratorio un ser vivo para convertelo en estrela musical, pero salguen tres e decide fundar unha banda.


Visto 1939 veces


Concellería de Cultura
Casa do Concello

Teatro Infantil - “A tropa do doutor Milagre”.

13-08-2019 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Mércores 14 de agosto ás 20,30 h. Campo de San Benito – Romariz (Soutomaior) A compañía Inventi Teatro tráenos a súa obra “A tropa do doutor Milagre”, un explosivo espectáculo de rúa onde grandes e pequenos poderán probrar  de primeira man os “efectivos” produtos do Doutor Milagre. Sofre alopecia ¿sente débil e canso, Sen apetito?. Probe os produtos do Doutor Milagre e...