Martes, 18 Xuño 2019 18:47

Noite de San Xoan 2019

Noite de San Xoan  2019

Peirao de Arcade - Domingo 23 de Xuño

A noite de San Xoan é unha antiga festa de solsticio que se celebra na véspera do 24 de Xuño. A noite do 23 ao 24 é unha das máis curtas do ano e a xente reúnese ao redor dunha fogueira para festexar o comezo do verán e protexerse dos espíritos malignos.

Como vén sendo habitual nos últimos anos o Concello de Soutomaior programa unha serie de actividades e actos para esta noite máxica.

 Para os mais pequenos iníciase ás 20,.30 horas na pista de patinaxe o espectáculo infantil “ A gran barafunda” para todos aqueles que teñan ganas de xogar, reir e pasalo en grande.

Ás 10,00 horas empezará a actuación da orquestra America,S.L. que se prolongará ata as 00,00 horas cando se inicie o aceso da fogueira con espectáculo pirotécnico.

Como é habitual haberá postos de venda de sardiñas e churrasco




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Teatro Fonte da Tella “A visita do inspector”

18-07-2019 / Cultura, Turismo e Patrimonio

O Multiusos de Arcade acolle este venres, a partir das 21:30 horas, a representación teatral “A visita do inspector”, do dramaturgo británico JB Priestley. A interpretación correrá a cargo do grupo local A Fonte da Tella. A obra, dun marcado xénero de suspense, divídese en tres actos e comeza cunha cea na casa da familia Birling na que se valora o...