Venres, 10 Mai 2019 09:49

Lavadoiro do Barrio do Rial

Lavadoiro do Barrio do Rial

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos que estaba a levar a cabo no lavadoiro do barrio de Rial.

 A actuación, enmarcada no Programa Municipal de Recuperación de Patrimonio, ten como obxectivo recuperar antigas zonas de uso colectivo, como as fontes e lavadoiros, para darlles unha nova vida.

Ademais de dar unha nova cara a todo o conxunto mediante unha limpeza e rexuntado de toda a cachotería perimetral, o chan de todo o recinto renovouse ao completo cun solado de pedra granítica de 3cm de espesor sobre o que se instalaron os novos alicerces de cantería tradicional que sosteñen a nova cuberta a catro augas de tella cerámica plana.

Por último, tamén se renovou a instalación eléctrica de todo o conxunto mediante unha rede protexida e estanca que alimenta a nova iluminación led de baixo consumo.

Os traballos  foron financiados a través do Plan Concellos da Deputación Provincial.




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Lavadoiro do Barrio do Rial

10-05-2019 / Cultura, Turismo e Patrimonio

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos que estaba a levar a cabo no lavadoiro do barrio de Rial.  A actuación, enmarcada no Programa Municipal de Recuperación de Patrimonio, ten como obxectivo recuperar antigas zonas de uso colectivo, como as fontes e lavadoiros, para darlles unha nova vida. Ademais de dar unha nova cara a todo o conxunto mediante unha...