Venres, 29 Marzo 2019 13:11

Festival Soutopequeno Destacado

Festival Soutopequeno

Moi boas a todas e a todos!
Chegou o día, chegou a nosa semana, por fin hoxe comeza o primeiro festival de cine e música infantil de Soutomaior, SOUTOPEQUENO 2019

Hoxe ás 20,30 h. - Multiusos de Arcade

Gala Presentación

Intervirán: Modulador de ondas, Cé orquestra Pantasma e Pulpiño Viascón

Festival aberto a todos os públicos. E para que non vos perdades nada, nadiña, aquí vos deixamos o programa completo con horarios, idades para as sesións de cinema, actividades de ocio familiar, etc...

Esta fin de semana, toca desfrutala en familia!!! 
 




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Programa Radio Galega "Pensando en ti"

11-04-2019 / Cultura, Turismo e Patrimonio

O programa da radio galega “Pensando en ti” emitirase en directo na madrugada do xoves día 18 e venres 19 desde o Multiusos de Arcade. Os oíntes comparten en directo ou a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas. Marcial Mouzo, o seu presentador, continúa como líder na franxa da madrugada sendo a alma...