Martes, 04 Setembro 2018 13:29

Concerto Musical – Quinteto Artístico

Multiusos de Arcade – Venres 7 de setembro ás 20,30 h.

A música clásica ten o seu espazo dentro da programación cultural do Concello de Soutomaior. Cinco novos músicos :Raúl Viceiro,Nicolás Cabaleiro, Conny Lechner, Manuel Bastos e Raul, ofrecerannos unha serie de obras cos seus instrumentos preferidos: Fagot,Oboe,Frauta,Trompa e Clarinete. Este concerto é unha mostra máis da colaboración do Concello de Soutomaior e da Asociación Musical Artística de Arcade

Raúl Viceiro Fernández (Fagot)

Nace en Pontevedra en 1997, criado nunha familia de músicos comeza os seus estudos en 2005 no conservatorio Manuel Quiroga co profesor Ferrán Calatayud. Continúa a súa carreira musical na Escola Superior de Música de Catalunya ( ESMUC) en 2016 con Salvador Sanchís..

Nicolás Cabaleiro Somoza (Oboe)

Comeza os seus estudos aos 3 anos debido ao interese que lle esperta a música, aos 7 accede ao conservatorio Manuel Quiroga e en 2016 completa os seus estudos profesionais recibindo o Premio Extraordinario Fin de Grao. Actualmente estuda no Conservatorio Superior de Música do País Vasco baixo a tutela de Christian Wetzel, Laura Marcos e Pascal Laffont.

Conny Lechner (Flauta)

Procedente de Munich, cidade cunha longa e extensa tradición musical. Así, desde ben novo, estivo en contacto coa música, empezando os seus estudos á idade de 6 anos. Aos 11 anos de idade empeza coa frauta travesera e é aos 12, despois de escoitar un concerto de Irena Grafenauer cando decide que se quere dedicar á música. Aos 15 anos ten as súas primeiras experiencias orquestrais coa Bruckner Akademie baixo a dirección do internacional director Jordi Moura, orquestra coa que segue colaborando na actualidade

Manuel Bastos Gómez (Trompa)

Nace en 1996 en Arcade, con 5 anos empeza os seus estudos na Escola de Música de Arcade. Con 8 anos comeza o grao profesional no conservatorio Manuel Quiroga, concluíndo devanditos estudos co Premio Extraordinario Fin de Grao. Actualmente cursa os seus estudos superiores con Benjamín Igrexas no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Raul Reyes Fuentes (Clarinete)

Comeza na Escola de Música de Arcade baixo a man de Ivan Maia e Carlos Abal. Estuda no conservatorio Manuel Quiroga, terminando no ano 2015 co premio Extraordinario de Fin de Grao. Actualmente estuda o último ano de carreira no Conservatorio Superior de Música de Vigo




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Concerto Musical – Quinteto Artístico

04-09-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Multiusos de Arcade – Venres 7 de setembro ás 20,30 h. A música clásica ten o seu espazo dentro da programación cultural do Concello de Soutomaior. Cinco novos músicos :Raúl Viceiro,Nicolás Cabaleiro, Conny Lechner, Manuel Bastos e Raul, ofrecerannos unha serie de obras cos seus instrumentos preferidos: Fagot,Oboe,Frauta,Trompa e Clarinete. Este concerto é unha mostra máis da colaboración do Concello de...