Luns, 13 Agosto 2018 10:47

Teatro ó Cubo “Ghop”

Teatro ó Cubo “Ghop”

Alameda Talo Río – Mércores 15 de agosto ás 21,00 h.

Espectáculo de novo circo a cargo de Teatro ó Cubo


Ghop! vén de Hop! Que sería de nós sen a gheada para facer que esta palabra soe completa non quede muda como sempre? Ghop! imprime con enerxía un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas.

Os tres protagonistas, vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar.

Teatro ó Cubo sae á rúa e completa o seu repertorio teatral para toda a familia.




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Os fabulosos Cleaners e Os Rockensein no Multiusos

26-10-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Multiusos de Arcade Sábado 27 ás 20,00 horas “Os fabulosos Cleaners” Trátase dun espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Dous operarios de limpeza do teatro, descobren as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combiandas con auga e xabón. Emprenden entón unha excitante viaxe conducidos polas pompas e burbullas. Domingo 28 ás 18.00 h “Os Rockenstein”. Esta obra é unha...

Actividades Culturais

Concurso fotografía e vídeo "que hai nesta botella"

Ven 26-Out-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

O GDR convoca un concurso de fotografía e vídeo sobre a IXP RIBEIRAS DO MORRAZO para elixir as mellores fotografías e vídeos que interpreten o lema da campaña da IXP “Que hai nesta botella O concurso consta de dúas categorías: FOTO e VÍDEO e por cada unha delas un xurado escollido pola propia IXP elixirá un gañador. As persoas que desexen participar...

LEER MÁIS

O Concello de Soutomaior únese ao xeodestino “Ría de Vigo e Baixo Miño”

Xov 18-Out-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

O proxecto trata de aproveitar os recursos turísticos de todos os municipios para crear unha marca propia que atraia máis visitas. A firma do convenio con Turismo de Galicia realizouse onte en Baiona. O sur da Ría de Vigo e o Baixo Miño xa teñen a súa propia marca turística á altura da Ribeira Sacra ou a Costa da Morte...

LEER MÁIS