Venres, 03 Agosto 2018 13:26

A Roda en Concerto

A Roda en Concerto

Campo de San Benito-Romariz (Soutomaior) – Martes 14 de Agosto ás  21,00 h.

A Roda conmemora 40 anos promovendo a música galega e en galego A formación A Roda naceu no ano 1977 dun grupo de amigos que se xuntaba ao redor dunha mesa, facendo a roda que lles dá nome. O primeiro traballo, homónimo, A Roda converteuse nun superventas e é aínda hoxe un dos clásicos da música galega; con el gañaron o favor do público e conseguiron o Premio da Crítica Galega.

A partir deste momento, centos de concertos, tanto en Galicia como fóra, nomeadamente na emigración, numerosos premios e dezasete discos máis avalan a traxectoria dun dos grupos en activo máis comprometidos coa lingua galega.

 




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Monicreques para nenos e adultos – Ocelot Teatro

21-05-2019 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Alameda Talo Río – Martes 21 de maio ás 17,30 horas. Ocelot Teatro é unha compañía fundada por José Amaya en 1980 no Salvador, comezando así a xirar tanto por Latinoamericana coma por Europa, e traballando en diferentes proxectos onde os títeres mestúranse co compromiso ante a necesidade dun mundo máis sostible. Ocelot ten esa esencia latina dos títeres de luva onde hai...