Martes, 31 Xullo 2018 11:30

O Fiadeiro – Musical

O Fiadeiro – Musical

Campo de San Benito (Romariz) Soutomaior - Xoves 2 de agosto ás 21,00 h

O grupo de música tradicional O Fiadeiro actuará este xoves 2 de agosto, no Campo de San Benito en Romariz.

O concerto comezará ás 21.00 horas e estará dirixido a todos os públicos. A actuación forma parte do programa municipal de actividades culturais de verán do Concello de Soutomaior.

A formación é sinónimo de música tradicional e conta cunha sección de baile e outra de acompañamento, composta á súa vez por un grupo de pandereteiras e unha charanga.

 A duración do concerto é dunha hora e media na que o grupo construirá un espectáculo único, espontáneo e persoal.

O Fiadeiro destaca pola súa organización e representación de espectáculos de gran formato como “A última verbena”, obra ambientada en Galicia durante a postguerra, e “Esta noite hai unha fía”, na que se recollen escenas do pasado de aldeas de toda Galicia na que a música e o baile tradicional son protagonistas.




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Monicreques para nenos e adultos – Ocelot Teatro

21-05-2019 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Alameda Talo Río – Martes 21 de maio ás 17,30 horas. Ocelot Teatro é unha compañía fundada por José Amaya en 1980 no Salvador, comezando así a xirar tanto por Latinoamericana coma por Europa, e traballando en diferentes proxectos onde os títeres mestúranse co compromiso ante a necesidade dun mundo máis sostible. Ocelot ten esa esencia latina dos títeres de luva onde hai...