Xoves, 21 Xuño 2018 09:43

Noite de San Xoan 2018

Sábado 23 de xuño - Peirao de Arcade

Arcade vivirá unha “invasión pirata” durante a noite de San Xoan .

 A compañía Troula animará a velada co seu espectáculo de lume e pirotécnia antes do encendido da fogueira no Peirao de Arcade

O lume, como non podía ser doutra maneira, será o elemento estrela da noite de San Xoan no Concello de Soutomaior.

Ademais da tradicional fogueira municipal instalada no Peirao de Arcade, a festa contará coa animación visual da compañía Troula Animación, que “invadirá” Soutomaior co seu espectáculo itinerante “A invasión Pirata”.

A celebración dará comezo ao redor das 22:30 horas cun espectáculo itinerante, no cal un grupo de piratas percorrerán  o paseo marítimo desde a Praia de Matilde ata o Peirao , parándose en zonas determinadas, nunha explosión de ritmo, pirotecnia, lume, confeti, risas e participación do público

A medianoite levará a cabo o encendido da fogueira ao que acompañará o tradicional espectáculo pirotécnico e seguirá o arranque da verbena nocturna, que contará coa animación do grupo América.

Non faltarán os clásicos postos de venda de sardiñas e churrasco.

 

AXENDA MUNICIPAL

18-Noite-de-San-Xoan.jpg

 EVENTOS   Concellería de Cultura
Noite de San Xoán
Día: Sábado, 23. Junio 2018 / Horario: 22:30 -  
Lugar da actividade: Peirao de Arcade
Destinatarios/as: Todo público 

 




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Concerto Musical – Quinteto Artístico

04-09-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Multiusos de Arcade – Venres 7 de setembro ás 20,30 h. A música clásica ten o seu espazo dentro da programación cultural do Concello de Soutomaior. Cinco novos músicos :Raúl Viceiro,Nicolás Cabaleiro, Conny Lechner, Manuel Bastos e Raul, ofrecerannos unha serie de obras cos seus instrumentos preferidos: Fagot,Oboe,Frauta,Trompa e Clarinete. Este concerto é unha mostra máis da colaboración do Concello de...