Luns, 04 Xuño 2018 13:39

Exposición no Multiusos: “A gaita na música tradicional galega”

Exposición no Multiusos: “A gaita na música tradicional galega”

A inauguración desta mostra composta por 10 Roll up  autosustentantes, será o xoves 7 de xuño ás 12.00 h no Multiusos de Arcade. Ó remate da mesma, actuará o grupo de música tradicional Maraghotas.

A gaita é sen dúbida o instrumento paradigmático da música galega, ó que diferentes autores adican máis atención, dende Casto Sampedro no seu cancioneiro, ate estudiosos actuáis coma  Xesús Ferro Ruibal.

A figura do gaiteiro vén desempeñando un papel musicalmente preponderante na sociedade xa desde tempos do imperio romano, onde os tibicen e os auletes practicaban un tipo de música reservada para os rituais, espectáculos públicos e as grandes celebracións. Este foi sen dúbida o papel do gaiteiro galego na sociedade rural ata ben entrado o século XIX, e nalgunhas áreas remotas ata máis aló da metade do século XX.

A mostra, comisariada por Xaime Estévez Vila, Carlos Collazo De la Fuente y Ana Costas Carbajal, conta coa participación da  Asociación de Gaiteiros Galegos, do obradoiro Gil de gaita tradicional, Pablo Carpintero, e numerosas fontes bibliográficas, deseños e fotografías dos fondos do Museo de Pontevedra.


Visto 601 veces


Concellería de Cultura
Casa do Concello

Teatro Infantil - “A tropa do doutor Milagre”.

13-08-2019 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Mércores 14 de agosto ás 20,30 h. Campo de San Benito – Romariz (Soutomaior) A compañía Inventi Teatro tráenos a súa obra “A tropa do doutor Milagre”, un explosivo espectáculo de rúa onde grandes e pequenos poderán probrar  de primeira man os “efectivos” produtos do Doutor Milagre. Sofre alopecia ¿sente débil e canso, Sen apetito?. Probe os produtos do Doutor Milagre e...