fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 29 Setembro 2021 09:45

Concesión de subvencións á hostalería, negocios de lecer nocturno, ximnasios e axencias de viaxe por motivos da crise do covid-19

Concesión de subvencións á hostalería, negocios de lecer nocturno, ximnasios e axencias de viaxe por motivos da crise do covid-19

A xunta de goberno local do Concello de Soutomaior aprobou as bases para a concesión de subvencións á hostalería, negocios de lecer nocturno, ximnasios e axencias de viaxe por motivos da crise do covid-19 do concello de Soutomaior, coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas e xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica legalmente constituídas que teñan ata un máximo de 10 empregados.

Os beneficiarios deberán de reunir os seguintes requisitos:

Ter o seu domicilio social e fiscal no Concello de Soutomaior e desenvolver a súa actividade económica nun local, establecemento ou centro de traballo determinado aberto ao público na actualidade e con atención directa a leste.

Que estean dados de alta nalgún dos epígrafes do Imposto de Actividades Económicas, con anterioridade ao 14 de marzo de 2020.

Deberán atoparse ao corrente dos seus deberes fiscais co Concello de Soutomaior, coas Facendas Públicas (estatal e autonómica) e coa Seguridade Social.

Os conceptos subvencionables son:

 • Recibo do pago de alugueiro do local no que se exerza a actividade correspondente, do 14 de marzo de 2020 ata o 31 de maio de 2021.

• Recibo de pago da cota de autónomos (cuxos importes non fosen subvencionados ou bonificados), do 14 de marzo de 2020 ata o 31 de maio de 2021

 • Gastos derivados da contratación de servizos externos, tales como xestoría, mantemento, limpeza, seguridade, vixilancia, etc.

• Gastos derivados da contratación de seguros de responsabilidade civil, incendio, roubo ou accidentes asociados ao local de negocio e necesarios para o desenvolvemento da actividade.

 • Gastos de impostos e taxas municipais

• Gastos de luz, gas, telefonía ou outras subministracións correspondentes ao local onde se exerza a actividade e que se habían pago, do 14 de marzo de 2020 ata o 31 de maio de 2021

 • Salarios e seguridade social do persoal vinculado coa prestación da actividade no establecemento para o cal se solicita a subvención.

 • Facturas relativas a adquisición de material de desinfección en instalacións, elementos de protección e medidas de seguridade e hixiene, así como o mobiliario asociado a reforma e adaptación, do 14 de marzo de 2020 ata o 31 de maio de 2021

• Facturas relativas a modernización tecnolóxica (páxinas web, redes sociais, comandas dixitalizadas, márketing on- line)

A contía global da subvención será de 41.560,00 €

As solicitudes haberán de presentarse no prazo de 15 días hábiles, a contar desde o primeiro día hábil seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia (24/09/2021).

No caso de que as solicitantes sexan persoas físicas e non dispoñan dos medios electrónicos necesarios para relacionarse electronicamente coa Administración, o Concello de Soutomaior prestaralles a debida asistencia, poñendo á súa disposición os medios necesarios para tal finalidade


 


Publicado en Comercio
Visto 706 veces