Luns, 03 Mai 2021 13:54

Bonos Activa Comercio

Bonos Activa Comercio

A Xunta de Galicia informa de que a partir de hoxe, luns 3 de maio, os galegos e galegas xa poden descargar os bonos desconto para consumir no comercio galego a través da iniciativa Bonos Activa Comercio da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación. O obxectivo é reactivar o comercio local dinamizando as vendas nos establecementos de proximidade.

O programa conta cun orzamento de 10M€ cos que se prevén mobilizar 55 millóns neste sector e chegar a 330.000 clientes a través de bonos desconto de 30 euros.

Os clientes interesados deberán rexistrarse na web www.bonosactivacomercio.gal e poderán descargar os bonos desconto de 30 euros a través dunha aplicación móbil. O importe de cada bono irase consumindo en función do valor da compra: as compras iguais ou superiores a 30 euros terán un desconto de 5€, mentres que ás compras iguais ou superiores a 50 euros lles corresponde un desconto de 10€.

Os Bonos Activa Comercio forman parte do paquete de medidas específicas para o sector que a Xunta de Galicia está a poñer en marcha para acompañar o comercio de proximidade na súa reactivación, e que contará con polo menos 20 millóns de euros en axudas para reforzar a competitividade do sector a través de iniciativas que permitan a súa modernización e incentiven o consumo.


 


Publicado en Comercio
Visto 849 veces

Comercio

Semana Nadal

Semana Nadal

20-12-2021 / Comercio

Mércores 22 “O tren de Papa Noel” Percorrido plas rúas de Arcade en tren acompañados por Papa Noel Mañas de 11,00 a 13,00 horas – Tardes de 16,30 a 18,30 horas Actividade de balde e por orden de chegada – Menores con 1 só acompañante 20 prazas por viaxe (Saída Alameda Talo Río)   Xoves 23 “Recepción de Papa Noel e os elfos da luz” Carpa instalada...

Este Nadal merca O Noso – Entrega de plantas

Este Nadal merca O Noso – Entrega de plantas

20-12-2021 / Comercio

Este próximo xoves 23 de decembro procederase á entrega dunha planta a todos aqueles que xustifiquen compras no comercio local por importe como mínimo de 30 €. Esta campaña de apoio...

Concesión de subvencións á hostalería, negocios de lecer nocturno, ximnasios e axencias de viaxe por...

Concesión de subvencións á hostalería, negocios de lecer nocturno, ximnasios e axencias de viaxe por...

29-09-2021 / Comercio

A xunta de goberno local do Concello de Soutomaior aprobou as bases para a concesión de subvencións á hostalería, negocios de lecer nocturno, ximnasios e axencias de viaxe por motivos...

Bonos Activa Comercio

03-05-2021 / Comercio

A Xunta de Galicia informa de que a partir de hoxe, luns 3 de maio, os galegos e galegas xa poden descargar os bonos desconto para consumir no comercio galego...

Campaña de apoio á economía local “...

09-04-2021 / Comercio

O Concello de Soutomaior a través da Concellería de Comercio convoca unha campaña de dinamización e apoio á economía local, co obxecto de fomentar de xeito directo o consumo da...

Feira de Arcade – Martes 13 de abril

09-04-2021 / Comercio

Coa desescalada iniciada hai uns días, o Concello de Soutomaior recupera a feira que se viña celebrando os días 13 e 26 na Alameda de Talo Río. O Concello lembra a...

2º Plan de rescate dirixidas a negocios...

23-02-2021 / Comercio

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria da nova liña de axudas directas ao sector da hostalaría e outras actividades pechadas polas medidas sanitarias adoptadas desde xaneiro...

Exención do canon da auga aos establece...

22-02-2021 / Comercio

A Xunta publica no DOG o modelo de solicitude para a exención do canon da auga e coeficiente de vertido aos establecementos de restauración e ocio afectados na súa actividade...