fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 09 Abril 2021 12:27

Campaña de apoio á economía local “O noso”

Campaña de apoio á economía local “O noso”

O Concello de Soutomaior a través da Concellería de Comercio convoca unha campaña de dinamización e apoio á economía local, co obxecto de fomentar de xeito directo o consumo da cidadanía no comercio local e hostalaría.

Mediante esta campaña preténdese promover as compras e fomentar o investimento no pequeno comercio e as compras na plataforma dixital municipal, que cofinancia o concello.

Para promover o interese e a participación, o Concello entregará unha planta ornamental con maceta e bolsa de compostaxe aos participantes que presenten un tícket ou varios tíckets que sumen un gasto de 25€ nos establecementos do concello, quedando excluídos as cadeas de grandes supermercados

Poderán participar na campaña e, polo tanto, poderán ser beneficiarias nos termos establecidos nestas bases, todas as persoas que presenten os tíckets correspondentes ás compras realizadas nos establecementos de  Arcade e Soutomaior no prazo establecido.

O prazo para realizar as compras e obter os tíckets para participar na campaña dará comezo o 9 de abril e rematará o 29 de abril de 2021.

As persoas interesadas en canxear os tíckets por plantas deberán recollelas na carpa situada na Alameda Talo Río de Arcade, durante os días:

 

•          Venres 30 de abril en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

•          Sábado 1 de maio en horario de 11 a 14 horas.


Publicado en Comercio
Visto 861 veces