O Centro de Información a Muller de Arcade (CIM) volverá á normalidade a partir deste venres.
O servizo restablecerase no seu horario habitual. A psicóloga atenderá de luns a venres pola mañá, salvo o xoves pola tarde, mentres a avogada farao os luns pola tarde e os mércores e venres pola mañá.
O CIM de Soutomaior presta asesoramento cada ano a máis de 350 mulleres dos tres concellos aos que dá servizo, Vilaboa, Pazos de Borbén e Soutomaior. A gran maioría das consultas céntranse na prestación de apoio psicolóxico, unha media de 240 ao ano, mentres que as que teñen como finalidade o apoio xurídico sitúanse ao redor das 75 anuais.
Ademais, o centro proporciona cada ano atención e asistencia a unha media de 17 vítimas de xénero.