fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 12 Mai 2023 09:59

Máis de dous meses de campamentos gratuítos este verán!

Máis de dous meses de campamentos gratuítos este verán!

 Este ano os campamentos de conciliación familiar esténdense todo o verán. Comezamos o día 26 de xuño co xa habitual ‘Campamento Concilia’, que se dividirá en tres quendas ata o 28 de xullo. Xa en Agosto teremos ‘Verán Artístico’ do 31 de xullo ao 8 de setembro, un programa tamén dividido en tres quendas e grazas ao cal todos/as os/as participantes poderán desenvolver as súas habilidades artísticas con actividades no Multiúsos. En ambos casos, as actividades terán lugar entre as 8 e as 15 horas. 

*Esta iniciativa encádrase no Plan Corresponsables


Visto 497 veces