fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 16 Marzo 2023 15:57

O Programa "Enredadas" dinamiza as Asociacións Veciñais con vogalía de muller

O Programa "Enredadas" dinamiza as Asociacións Veciñais con vogalía de muller

Hoxe tivo lugar unha nova reunión cas asociacións de mulleres e veciñais con vogalía de muller do noso concello. Estas reunións, que fan parte do Programa Enredadas teñen como obxectivo tratar as problemáticas das asociacións e fomentar a súa dinamización.

Dende a concellería de Igualdade son conscientes da súa importante labor en moitos puntos do concello, de aí nace esta iniciativa que busca axudalas en todo o posible. Lembrar a todas a asociacións que conten cunha vogalía de muller que aínda poden adherirse a este plan contactando co CIM ☎️ 986 70 12 27


Visto 428 veces