fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 08 Marzo 2023 12:43

Arrinca a programación do 8M ca presentación dunha Guía Didáctica

Arrinca a programación do 8M ca presentación dunha Guía Didáctica

Hoxe comezamos ca programación do 8M ca presentación da Guía Didáctica ‘Historia do Movemento Feminista 1975 -1983’, elaborada pola nosa veciña Raquel Fernández.

A obra fai un repaso á historia do feminismo dunha forma sinxela e atractiva e servirá de base para tratar esta temática nos institutos do Concello. Ademais calquera pode solicitala.

Grazas a Raquel polo súa dedicación, estamos seguros de que o impacto que terá esta guía na nosa mocidade compensará o arduo traballo. Grazas tamén ás responsables do Departamento de Orientación do IES Soutomaior e do Santiago Apóstol por asistir á presentación.

Durante a presentación Raquel lembrou que o debate sempre foi unha constante dentro do movemento feminista e avogou por un progreso respectuoso e no que todas teñamos cabida.

Pola súa banda o alcalde destacou a importancia de ter ferramentas como esta Guía que axuden aos máis novos a coñecer o pasado e os axuden a evolucionar.


Publicado en 8M (Igualdade)
Visto 460 veces