Desde o Concello de Soutomaior, a través do CIM, ponse en marcha o obradoiro ‘Calma na Alma’, no que se traballarán técnicas de respiración que nos permitan estar presentes durante o día, relaxar o noso corpo e aprender a xestionar adecuadamente as emocións co obxectivo de reducir a ansiedade e o estrés.
O obradoiro terá lugar os luns de 10 a 11:30h, no Multiúsos de Arcade. Tes ata o día 17 de febreiro para inscribirte.