fbpx
Imprimir esta páxina
Domingo, 04 Decembro 2022 01:20

O Espazo Concilia volve polo Nadal

O Espazo Concilia volve polo Nadal

ESPAZO CONCILIA, é un programa de intervención comunitaria que se desenvolveu por primeira vez no verán do 2020, centrado na conciliación da vida familiar e laboral durante os períodos non lectivos das crianzas na escola.

Co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal das familias do Concello e promover actividades de igualdade que favorezan a diversión creando un ambiente lúdico, favorecendo a reflexión tanto individual coma gripal dos comportamentos igualitarios que se esperan da cidadanía que ven compoñer o futuro, fomentando a tolerancia e a solidariedade entre todas as persoas participantes.

 

Este ano desde a Concellería de promoción do emprego e igualdade, puxeron en marcha o Plan Corresponsables, unha política pública promovida polo Ministerio de Igualdade, co obxectivo de conceder subvención destinadas a desenvolver e financiar o plan Corresponsables. O Concello de Soutomaior recibiu desta subvención  unha contía de 15.863,84 €,   para desenvolver o citado plan.

 

Para rematar este ano 2022 desde o Concello de Soutomaior ponse en marcha, de novo,  o Espazo Concilia para este Nadal.

Nesta ocasión o ESPAZO CONCILIA , desenvolverase os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro en horario de 9 a 14 horas coa posibilidade de entrar ás 8 e saír ás 15 horas. O campamento vai dirixido a crianzas de 3 a 12 anos empadroadas no Concello de Soutomaior . O campamento conta con obradoiros lúdicos educativos, baixo unha perspectiva de promoción da igualdade de oportunidades para mulleres e homes.

Este campamento é de balde, para inscribirse pode facelo a través da páxina web do gabinete de prensa do Concello ou ben chamando por telefono o Centro de Información da Muller.

O prazo de inscrición é desde este venres día 2 ata o 15 de decembro, ata cubrir a cota de prazas. A asignación das prazas realizarase por rigoroso orde de inscrición.


Cartel Cartel

Visto 521 veces