fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 02 Decembro 2022 13:56

Somos a sede da Mesa de Coordinación Interinstitucional para acabar ca violencia de xénero

Somos a sede da Mesa de Coordinación Interinstitucional para acabar ca violencia de xénero

Onte celebrouse unha nova Mesa de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero. No Multiúsos reuníronse representantes de varios sectores, dende os Corpos de Seguridade, ata a membros da Xunta e as responsables do CIM para poñer en común os últimos datos e estratexias e seguir colaborando na extinción desta lacra.

Queremos que o CIM siga sendo un punto de encontro e traballo para todos/as os/as profesionais que día a día poñen todo o seu esforzo na protección e amparo das vítimas de violencia machista.

Na reunión estiveron a Concelleira de Igualdade, Cristina González; a Delegada de Igualdade da Xunta, Marta Mariño; a Concelleira de Igualdade de Pazos, Eloísa Nogueira; a xuíza de Instancia e Instrución Nº2 de Redondela, Laura Ferradás; as Representante de ICA Pontevedra e ICA Vigo Isabel Sueiro e Asunción Álvarez; a Directora do CENVI, Elena Monales; a traballadora social de Vilaboa, Montserrat Carabelos, a Educadora Familiar de Vilaboa, Benita Crespo; Representantes de Guardia Civil e Policía Local; e as traballadoras do CIM.


Publicado en 25N (Igualdade)
Visto 430 veces