fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 18 Agosto 2022 13:44

A Conselleira da Xunta visita o CIM de Soutomaior e destaca o seu excelente traballo

A Conselleira da Xunta visita o CIM de Soutomaior e destaca o seu excelente traballo

A conselleira de Promoción de emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe co alcalde de Soutomaior e ca concelleira de Igualdade para realizar unha visita ao Centro de Información á Muller, que ten a súa sede no Multiúsos.

A Conselleira quedou sorprendida co bo funcionamento do CIM e cos espazos que o concello de Soutomaior dispoñibiliza para desenvolver a súas actividades. Ademais, aproveitou para destacar a importancia de seguir invertendo tempo e esforzo en axudar ás mulleres máis vulnerables.

Neste sentido felicitou o gran traballo desempeñado en Soutomaior, que nos últimos anos tese convertido nun referente neste campo para os concellos da contorna.

Na visita estiveron tamén as concelleiras de Vilaboa e Pontecaldelas e a directora do CIM de Soutomaior, Cristina García.


Publicado en Igualdade
Visto 390 veces