fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 06 Mai 2022 13:44

Soutomaior Concilia - Inscríbete nos campamentos de conciliación familiar deste verán

Soutomaior Concilia - Inscríbete nos campamentos de conciliación familiar deste verán

O Concello de Soutomaior é consciente da importancia de promover axudas ás familias para conciliar a vida familiar e laboral. Existe unha demanda por parte da cidadanía de programas para tal fin. Os campamentos de Conciliación levados a cabo con anterioridade foron todo un éxito de participación e boas prácticas. O Concello, a través da concellería de igualdade pon en marcha, de novo, o programa “Soutomaior Concilia: campamento de verán” para as datas non lectivas de vacación no período estival.

O campamento vai dirixido a crianzas de 3 a 12 anos. O horario dos campamentos é das 9 as 14 horas, con a posibilidade de aula matinal de 8 a 9, para aquelas familias que así o soliciten, e aula fiambreira de 14 a 15h, de tal xeito que así podan comer aquí con a comida que traian de casa. Polo tanto existen 4 horarios: de 8 a14, de 9 a 14, de 8 a 15, e de 9 a 15, un amplo marxe para adaptarse a todas as necesidades. Existen 3 quendas diferentes: 1ª quenda de 4 de xullo ate o 15 xullo, 2ª quenda do 18 de xullo ate o 29 de xullo e por último 3ª quenda desde o 1 de setembro ate o 7.

Como novidade este ano dividirase o campamento en semanas temáticas: a semana do arte, debuxo, pintura e artes escénicas, a semana da tecnoloxía, semana da viaxe polo mundo, semana mariñeira e para finalizar semana das emocións.

Dentro do horario do programa intercalaranse actividades lúdico, educativas, deportivas, xogos e obradoiros, actividades ao aire libre, sempre traballando baixo a perspectiva de xénero dun xeito dinámico e participativo.

 

 Desenvolveranse no edificio Multiusos de Arcade baixo todas as medidas hixiénicas e de seguridade existentes para cumprir co protocolo do Covid-19. Existiran uns criterios de prioridade para poder participar no programa: familias con dúas persoas proxenitoras traballando, familias monoparentais-monomarentais, familias cunha persoa proxenitora traballando, familias empadroadas, nivel de renda da unidade familiar.

 

A inscrición realizarase na paxina do gabinete de prensa do Concello de Soutomaior ou de xeito presencial no CIM os luns e mércores, poden escoller por prioridade as datas que mais lle interese, e axuntar a toda documentación

O prazo de inscrición desde o día 16 de maio ata o 30 de maio, e publicaranse a listaxe de admitidos o día 8 de xuño.

Non o perdades!!! Pasarémolo xenial!!


Visto 1084 veces