fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 14 Marzo 2022 10:57

Conferencia sobre feminismo na transición

Conferencia sobre feminismo na transición

Este venres, Raquel Fernández, historiadora e responsable da conta ‘Mulleres Galegas’, ofrecerá unha conferencia na Biblioteca baixo o título Somos, porque elas foron. Na charla profundará non devirdomovementofeminista durante a transición desde unha perspectiva histórica e social.

Trátase dunha oportunidade para aprender máis sobre o papel das mulleres durante o último medio século da man dunha veciña de Soutomaior que se especializou no tema. Esperámosvos a todos ás 18.30 horas na Biblioteca Luís Seoane.

Esta actividade está organizada polo CIM (Centro de Información á Muller) do Concellode Soutomaio e  foi financiada polo Ministerio de Igualdade a través da asignación de fondos do pacto de estado sobre violencia de xénero ao Concello de Soutomaior.

 
 

Publicado en 8M (Igualdade)
Visto 527 veces