fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 05 Novembro 2021 12:56

Teatro. “Pelos na lingua”

Teatro. “Pelos na lingua”

Este domingo ás 20,00 horas no Multiusos de Arcade represéntase a obra “Pelos na lingua” dentro do programa de dinamización lingüística “FalaRedes” da Xunta de Galicia.

 Non é necesaria a inscrición xa que será por orde de chegada ata completar o aforo

Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo (e non esaxeramos), independentemente da súa posición respecto a a lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non saben falalo ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o galego debería ser a lingua universal, aos que pensan que debería ser o inglés a lingua universal, aos que cren que a maioría dos galegos falan castelán, aos que cren que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, a mestres, a alumnos, a actores, a actrices, a carpinteiros, a carpinteiras, a todos e a todas. Ao mundo enteiro, independentemente da súa lingua.

 


 


Visto 693 veces