Venres, 22 Outubro 2021 10:54

Campaña do 25N, día Internacional contra as violencias machistas

Campaña do 25N, día Internacional contra as violencias machistas

 Desde a concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior e o CIM, ponse en marcha a Campaña do 25N, día Internacional contra as violencias machistas, baixo o lema ULTRAVIOLETA.

A campaña, que continúa na senda dos obxectivos marcados no ano 2020 contra a violencia de xénero, ten coma principal obxectivo, poñer o foco, sobre as violencias menos visibles, mais non por iso menos perigosas ou menos presentes na nosa sociedade.

A luz Ultravioleta ou luz negra, ten entre outras aplicacións prácticas, na ciencia forense, a posibilidade de resaltar en cores fluorescentes na escuridade diferentes fluídos, tonos e rastros que pasan desapercibidos na luz do día, facilitando así a súa detección. A campaña, pretende do mesmo xeito, resaltar e axudarnos a detectar como sociedade, violencias que temos normalizadas, ou incluso xustificadas, dentro das relacións de parella que son un xeito de abuso e violencia emocional, e teñen unhas consecuencias importantes na saúde das mulleres, tanto a nivel psicolóxico coma físico, e que na actualidade forman un problema de saúde pública para a nosa cidadanía.

ULTRAVIOLETA, 25N, SOUTOMAIOR quere suliñar e poñer nome a todas esas desigualdades e abusos, dando luz para detectalas e identificalas como formas de violencias machistas que nos afectan de xeito transversal e estrutural a todas as mulleres, con maior ou menor intensidade, nalgún dos ámbitos das nosas vidas.

A campaña ULTRAVIOLETA, ilustrada pola artista viguesa Andrea Jano, e que xa vestiu o 25N do 2020 , desenvolverase coa participación do comercio local que o desexe, que dará visibilidade nos seus establecementos e escaparates á mesma e repartirán ao longo da xornada material da campaña.

As comerciantes que queiran participar na campaña, deben anotarse na web, para concretar cita para a recollida do material no Centro Multiusos en Arcade.

PROGRAMACIÓN 2021:

•                    • Invisibles: 30 de Outubro as 21h, no salón de actos do edifico Multiusos de Arcade. Representación da obra de teatro, baseada no libro homónimo de Monste Fajardo e gañadora de tres premios de teatro María Casares.

Invisibles é unha obra de teatro que presenta a tres mulleres, sete testemuñas todas cun fío común: a violencia de xénero. Esta baseado en historias reais protagonizadas por mulleres galegas, historias de violencia. A obra pretende concienciar e sensibilizar ás persoas espectadoras.

•                    • “O Candil”: 13 de novembro as 21h. no salón de actos do edificio Multiusos de Arcade. É unha comedia musical interactiva, sobre tres mulleres moi distintas, que buscan o propio ser ante un momento de confusión e cambio de mentalidade global. Atopámonos nos anos 1918. O musical é de balde. Prazas ate completar aforamento

•                    • A Biblioteca Municipal Luis Seoane, acollerá o día 26 de Novembro ás 18h. na biblioteca Luís Seoane de Arcade, a presentación do libro “Calladita no eres más bonita”, escrito por Nuria Prieto, baseado en testemuñas reais de mulleres novas menores de 30 anos ,vítimas de violencia machista ,a cargo da EDITORIAL MERAKI. Para a presentación e a posterior charla coloquio contaremos coa presenza da escritora e máis de Esther, testemuña no libro, que nos falará en primeira persoa sobre a súa historia.

Así mesmo, facilitará o préstamo de bibliografía respecto a esta temática ao redor da Campaña do 25N. ULTRAVIOLETA.

Todos os espectáculos e actividades terán entrada gratuíta e libre ata completar aforo.

.


Publicado en Igualdade
Visto 169 veces

Igualdade

Volve a 'Xuntanza das mulleres': Este ano, turismo por Ourense, balneario e comida para confraternizar

Volve a 'Xuntanza das mulleres': Este ano, turismo por Ourense, balneario e comida para confraternizar

13-05-2022 / Igualdade

O próximo 4 de xuño, as mulleres de Soutomaior poderán gozar dunha excursión relaxante e divertida coa que escapar durante toda unha xornada da rutina. Trátase dunha visita na que as participantes poderán gozar do coñecido balneario Arnoia  Caldaria. Despois, todas as asistentes compartirán unha comida en Ourense para posteriormente ocupar a tarde paseando pola cidade. Esta  Xuntanza de Mulleres, que xa...

Soutomaior aposta pola conciliación cun campamento de Semana Santa

Soutomaior aposta pola conciliación cun campamento de Semana Santa

24-03-2022 / Igualdade

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a concelleira de Igualdade, Cristina González, presentaron onte Espazo Concília: Campamento de Semana Santa. Trátase dunha iniciativa desenvolvida polo Concello a través da Concellería...

Inscríbete xa no 'ESPAZO CONCILIA', o campamento de Semana Santa do Concello de Soutomaior

Inscríbete xa no 'ESPAZO CONCILIA', o campamento de Semana Santa do Concello de Soutomaior

21-03-2022 / Igualdade

Hoxe empeza o prazo de inscrición no programa ESPAZO CONCILIA, un plan que o Concello pon en marcha a través da Concellería de Igualdade para ofrecer unha alternativa de conciliación...

Conferencia sobre feminismo na transición

Conferencia sobre feminismo na transición

14-03-2022 / Igualdade

Este venres, Raquel Fernández, historiadora e responsable da conta ‘Mulleres Galegas’, ofrecerá unha conferencia na Biblioteca baixo o título Somos, porque elas foron. Na charla profundará non devirdomovementofeminista durante a...

Programación do 8M. Día Internacional da Muller

Programación do 8M. Día Internacional da Muller

23-02-2022 / Igualdade

O Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade da a coñecer a programación con relación o 8M, Día Internacional da Muller, para conmemorar a loita das mulleres pola...

Presentación da publicación do IV PIOM da Concellería de Igualdade

Presentación da publicación do IV PIOM da Concellería de Igualdade

04-02-2022 / Igualdade

O Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade e o CIM (Centro de Información á Muller) desenvolveu ao longo do ano pasado diversas actividades que se enmarcan dentro...