fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 15 Xuño 2021 13:55

Programa Respiro Familiar - Xunta de Galicia

Programa Respiro Familiar - Xunta de Galicia

A nova orde do programa Respiro Familiar xa está publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG). O plan, destinado a persoas dependentes ou con discapacidade, facilitará o descanso dos seus coidadores habituais financiando ás cento por cento estancias temporais en residencias sen límite de tempo e cunha cobertura máxima de ata 1.500 euros. No caso de que se decida optar por un coidador no fogar, o custo para abordalo poderá ser de ata 1.000 euros.

A Xunta investiu un total de 600.000 euros na convocatoria deste ano, facilitando ademais os trámites para solicitar esta axuda. Isto supuxo a eliminación dos límites de renda, o custo da praza na residencia e o tempo limitado de 15 días como máximo para cada estadía. A través destas axudas, o principal obxectivo da Consellería de Política Social é facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos coidadores de persoas dependentes.

Poderase acceder a esta axuda ata o próximo 30 de novembro. Os requisitos consisten en presentar unha factura do servizo recibido, a condición de que fose posterior ao 1 de xaneiro deste ano, e un informe elaborado por un traballador social que o xustifique. Ademais, os beneficiarios deberán ser residentes en Galicia e ter recoñecida unha dependencia de primeiro ou segundo grao ou un informe médico e social que acredite a necesidade de axuda de terceiros para as actividades da vida diaria.

O servizo, que deberá ser prestado por persoal profesional legalmente acreditado con formación específica en atención a persoas con necesidades especiais e contratado directamente pola persoa coidadora solicitante da subvención.

Os interesados poden informarse e tramitar esta axuda nos Servizos Sociais do Concello de Soutomaior ou por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.gal


Publicado en Servizos Sociais
Visto 776 veces