fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 23 Decembro 2020 13:26

Rematou o obradoiro Expertas, con 13 mulleres emprendedoras do Concello de Soutomaior

Rematou o obradoiro Expertas, con 13 mulleres emprendedoras do Concello de Soutomaior

O pasado xoves 17 de decembro realizouse o último obradoiro do programa “EXPERTAS” que comezou  o pasado outubro de 2020.
No programa participaron 13 mulleres emprendedoras do Concello de Soutomaior. 
O programa  comprendeu varias sesións en grupos reducidos e tutorías individuáis impartidas por expertas/os  en cada materia. O proxecto contó con cinco módulos xerais para todos os negocios que se centran na viabilidade e desenvolvemento de cada negocio, a mellora de competencias dixitais e a incorporación das novas tecnoloxías, o escaparatismo e o visual merchandising, a comunicación coa clientela e, por último, a relación entre as mulleres e o seu propios negocios.
 
Ademais, o ciclo incluía un mentoría especial de asesoramento para mulleres que desexen emprender o seu propio negocio na que aprenderán a estudar a viabilidade dos seus proxectos, definir un plan de negocio e determinar o grao de preparación de cada persoa para cada proxecto.
Cada muller emprendedora escolleu segundo as súas necesidades entre as diferentes mentorias. Tamén se  realizaron obradoiros de autocoidado a través da fotografía, onde finalmente se escolleron os carteis que cada muller decidiu poñer no seu negocio.  As mulleres que participaron nos obradoiros, quedaron moi contentas co programa, gustoulle moito a experiencia. 
O xoves 17 de decembro no  salón de actos do edificio Multiusos de Arcade, fíxose a entrega por parte da Concelleira de Comercio e Turismo Cristina González dos carteis a cada unha das mulleres, carteis que elas mesmas escolleron dentro das fotografías feitas en sesións anteriores. Deste xeito pechamos o progama “Expertas”
 

Visto 530 veces