fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 03 Novembro 2020 13:37

Programa de apoio a mulleres emprendedoras

Programa de apoio a mulleres emprendedoras

O Concello de Soutomaior presentou o seu novo programa de apoio a mulleres emprendedoras. Baixo o título “Somos Expertas”, a iniciativa instruirá a 13 veciñas do municipio propietarias de negocios en conceptos comerciais asociados á relación co cliente, as novas tecnoloxías e o escaparatismo, entre outros conceptos.

A iniciativa, debido á situación sanitaria, presentouse de forma telemática a través de Whatsapp. Desta maneira, as participantes recibiron nos seus teléfonos móbiles as instrucións, programa e aspectos fundamentais do curso ademais dun pequeno vídeo de presentación e resumo do proxecto.

O programa de apoio comprende varias sesións en grupos reducidos e titorías individuais impartidas por expertos en cada materia. O proxecto conta con cinco módulos xerais para todos os negocios que se centran na viabilidade e desenvolvemento de cada negocio, a mellora de competencias dixitais e a incorporación das novas tecnoloxías, o escaparatismo e o visual merchandising, a comunicación coa clientela e, por último, a relación entre a dona e o seu propio negocio.

Ademais, o ciclo inclúe un mentoría especial de asesoramento para mulleres que desexen emprender o seu propio negocio na que aprenderán a estudar a viabilidade dos seus proxectos, definir un plan de negocio e determinar o grao de preparación de cada persoa para cada proxecto.


Visto 923 veces