Mércores, 05 Agosto 2020 12:29

Campamento Urbano “Concilia en igualdade”

Campamento Urbano “Concilia en igualdade”

HORARIO E ACTIVIDADES

Dentro do horario do programa de Conciliación se intercalarán actividades LÚDICO educativas DEPORTIVAS, XOGOS e OBRADOIROS, actividades e xogos ao aire libre, SEMPRE TRABALLANDO BAIXO A PERSPECTIVA DE XÉNERO.

O HORARIO BASE do programa de Conciliación será é o seguinte: (EXEMPLO)

MADRUGA

8:00 – 9:00h Aula matinal

CAMPAMENTO

9:00 – 9:30h Acollida

9:30 – 10:20h 1º actividade

10:20 – 11:10h 2º actividade

11:15 – 11:45h Almorzo

11:45 – 12:45h 3º actividade

12:45 – 13:35h 4º actividade

13:35 – 14:00h Despedida

SERVIZO FIEMBREIRA

14:00 – 15:00h Aula mediodía

**Nos días nos que haxa saída polo entorno o horario do mesmo podería sufrir modificacións.

 

ACTIVIDADES

Dentro do horario do programa de Conciliación se levarán a cabo actividades prioritarias tales como:

> OBRADOIROS PARA TRABALLAR A IGUALDADE

> OBRADOIROS DE RECICLAXE

> OBRADOIRO DE COCIÑAS DO MUNDO

> OBRADOIROS DE PINTURA: AS CORES DO MUNDO

> XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS

> XOGOS DEPORTIVOS PARA TRABALLAR OS ROLES DE XÉNERO

> XINCANAS TEMÁTICAS.

> ACTIVIDADE DE ORIENTACIÓN E XINCANA MEDIOAMBIENTAL

 

PREFERENCIAS INSCRICIÓN

Desde a Concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior, nun programa subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, realizarase dentro do progama Concilia en Igualdade, un campamento urbano nas datas 1 de septembro ata o 9 de septembro, ambos incluidos. O campamento está previsto para un total de 50 nenas e nenos, atendendo criterios de prioridade no caso dunha demanda superior de prazas, ás seguintes familias:

  • Familias afectadas por unha situación de vítimas de violencia de xénero.
  • Familias monoparentais, con algúns do seus membros en discapcidade ou familias numerosas.
  • Familias con ingresos menores tendo en conta o nivel de renta da unidade familiar. 
  • Calquera outra situación que se poida acreditar en situación de vulnerabilidade de esa familia.

O horario de actividades do campamento é de 9 ás 14 h, para facilitar a conciliación, o campamento vai  contar con servizo madruga e servizo fiambreira, poñendo a disposición das persoas usuarias a posibilidade de deixar as crianzas ás 8 da mañá e poder recollelas ás 15 h. da tarde, nesta franxa horaria das 14 ás 15 horas, haberá un servizo de fiambreira para aquelas persoas que decidan traer a comida das súas fillas ou fillos, para que coman nese horario.

Ademais de cubrir a folla de inscrición, as persoas interesadas deben mandar ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. escribindo no asunto campamento urbano, á seguinte documentación:

  • Fotocopia do libro de familia
  • Declaración da renta
  • Calquera xustificante que necesiten presentar para informar das circunstancias persoais

 

INSCRICIÓNS:

20-Campamento-Concilia-en-Igualdade-PORTADA.jpg

 OBRADOIROS   Concellería de Igualdade
Campamento urbano: Concilia en Igualdade
Inscricións ata: Luns, 24. Agosto 2020
Datas do: 01-09-2020 o: 09-09-2020 
Lugar: Multiúsos, Arcade
Destinatarios/as: 3 - 12 anos / Prazas: 50 prazas

 


Descargar adjuntos:

20-Campamento-Urbano-Concilia-en-Igualdade.pdf (202 Descargas)
Visto 557 veces

Igualdade

Comunicado do Concello de Soutomaior polo Día do Orgullo

Comunicado do Concello de Soutomaior polo Día do Orgullo

28-06-2023 / Espazo Diversidade (Igualdade)

Desde o Concello de Soutomaior este 28 de Xuño queremos lembrar a toda as persoas que marcaron un antes e un despois na historia da nosa comunidade LGTBIQA+. Persoas que alzaron a súa voz ante o sistema e visibilizaron, desde o seu activismo cotiá, unha realidade DIVERSA afectivo-sexual que fai a nosa comunidade máis nutritiva e enriquecedora para todas.   Falamos de...

Máis de dous meses de campamentos gratuítos este verán!

Máis de dous meses de campamentos gratuítos este verán!

12-05-2023 / Espazo concilia (Igualdade)

 Este ano os campamentos de conciliación familiar esténdense todo o verán. Comezamos o día 26 de xuño co xa habitual ‘Campamento Concilia’, que se dividirá en tres quendas ata o...

Emoción e diversión no primeiro día de Campamento Concilia de Semana Santa

Emoción e diversión no primeiro día de Campamento Concilia de Semana Santa

04-04-2023 / Espazo concilia (Igualdade)

Hoxe foi o primeiro dia do Campamento Concilia de Semana Santa. Media centena de cativos e cativas pasaron unha mañá divertida cos seus amigos. Esta iniciativa, que xa ven sendo...

Comeza o curso de Arteterapia

21-03-2023 / Espazo Autocoidado e Apoderamento (Igualdade)

Hoxe tivo lugar a primeira sesión de Arteterapia, un obradoiro que promete mellorar a autoconciencia e a calidade de vida das súas participantes. Esta iniciativa, que se encadra dentro do...

O Programa "Enredadas" dinamiza as Asociacións Veciñais con vogalía de muller

16-03-2023 / Espazo Redes (Igualdade)

Hoxe tivo lugar unha nova reunión cas asociacións de mulleres e veciñais con vogalía de muller do noso concello. Estas reunións, que fan parte do Programa Enredadas teñen como obxectivo...

Presentamos o Campamento para favorecer a conciliación familiar en Semana Santa

15-03-2023 / Espazo concilia (Igualdade)

O alcalde e a Concelleira de Igualdade presentaron o Campamento Concilia de Semana Santa. Esta iniciativa do Concello, organizada a través do CIM, busca ofrecer unha alternativa de conciliación familiar...

Arrinca a programación do 8M ca presentación dunha Guía Didáctica

08-03-2023 / 8M (Igualdade)

Hoxe comezamos ca programación do 8M ca presentación da Guía Didáctica ‘Historia do Movemento Feminista 1975 -1983’, elaborada pola nosa veciña Raquel Fernández. A obra fai un repaso á historia do...

A concelleira presenta as novas sesións de Arteterapia

07-03-2023 / Espazo Autocoidado e Apoderamento (Igualdade)

O CIM ofrece un novo obradoiro dentro do Espazo de Autocoidado. Nesta ocasión será de Arteterapia. Todas as interesadas poden inscribirse xa nesta iniciativa que terá lugar os martes de...